Cable coaxial

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 21:24, 25 agosto 2008

Características do cable coaxial

É un cable moi similar ao que coñecemos da televisión. Houbo un tempo no que o cable coaxial foi o mais utilizado, xa que era barato e fácil de manexar; sen embargo hoxe en día está en desuso, xa que foi substituído polo cable de par trenzado.

Un cable coaxial consta dun núcleo de fío de cobre rodeado por un illante, un apantallamento de metal trenzado e unha cuberta externa.

center

  • O núcleo do cable coaxial transporta os sinais electrónicos que forman os datos. Este núcleo pode ser sólido ou de fíos. Se o núcleo é sólido, normalmente é de cobre.
  • Rodeando ao núcleo hai una capa illante dieléctrica que o separa da malla de fío.
  • A malla de fío trenzada actúa como masa, e protexe ó núcleo do ruído eléctrico e das interferencias. O núcleo de condución e a malla de fíos deben estar separados un do outro. Se chegaran a tocarse, o cable sofriría un cortocircuito, e o ruído ou os sinais que se atopen perdidas na malla circularían polo fío de cobre.
  • O apantallamento protexe máis os datos transmitidos absorbendo os sinais de ruído, de forma que non pasan polo cable e non distorsionan os datos. Ao cable que contén unha lámina illante e unha capa de apantallamento de metal trenzado se lle denomina cable apantallado dobre. Para contornos que están sometidos a grandes interferencias, hai un apantallamento cuádruple, con dúas láminas illantes e dúas capas de apantallamento de metal trenzado.
  • Unha cuberta exterior non condutora (normalmente de goma, teflón ou plástico) rodea todo o cable.

Toda a protección que inclúe o cable coaxial faino máis resistente a interferencias e atenuación que o cable de par trenzado, permitindo chegar a frecuencias de 500 MHz.

Tipos de cable coaxial

Hai dous tipos de cable coaxial:

  • Cable fino (Thinnet): É un cable coaxial flexible duns 0,64 centímetros de grosor. Este tipo de cable pódese utilizar para a maioría dos tipos de instalacións de redes, xa que é un cable flexible e doado de manexar. Pode transportar un sinal ata unha distancia aproximada de 185 metros antes de que comece a sufrir atenuación.
  • Cable groso (Thicknet): É un cable coaxial relativamente ríxido de aproximadamente 1,27 centímetros de diámetro. O núcleo de cobre do cable Thicknet é máis groso que o do Thinnet. Canto maior é o grosor do núcleo de cobre, máis lonxe pode transportar os sinais, así, o cable Thicknet pode levar un sinal a 500 metros.

Como norma xeral, os cables máis grosos son máis difíciles de manexar. O cable fino é flexible, fácil de instalar e relativamente barato. Este é un factor importante cando unha instalación precisa levar o cable a través de espacios estreitos, como condutos e canais. Por outro lado, o cable groso é máis caro que o fino, pero transporta o sinal máis lonxe. Por iso moitas veces utilízase como enlace central ou backbone para conectar varias redes máis pequenas baseadas en Thinnet.

Conexión do cable coaxial

  • O conector BNC: O conector de cable BNC está soldado, ou incrustado, no extremo dun cable.
  • O conector BNC T: Este conector conecta a tarxeta de rede do equipo co cable da rede.
  • Conector acoplador (barrel) BNC: Este conector utilízase para unir dous cables Thinnet e obter un de maior lonxitude.
  • Terminador BNC: O terminador BNC pecha o extremo do cable da liña para absorber os sinais perdidos.


Imagen:Redeconcablecoaxial.jpg

Ferramentas persoais
Crear un libro