Programación do módulo de Redes Locais
De Wiki do Pazo da Mercé
Introdución
O módulo sobre o que versa esta programación pertence ao ciclo formativo de grao medio de Sistemas microinformáticos e redes correspondente á familia profesional de Informática. Este módulo é impartido no primeiro curso deste ciclo.
O módulo ten unha duración total de 213 horas, distribuídas en 8 sesións semanais de 50 minutos.
A normativa de referencia desta programación didáctica é o Decreto 27/2010, do 25 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo.
Obxectivos xerais do módulo
A enorme proliferación das redes de ordenadores na actualidade fai que sexa imposible concibir o sistema informático de forma illada, senón sempre como parte dunha rede conectado cun conxunto de máquinas, compartindo datos e recursos. Dentro delas, as redes de área local son as que dotan ás empresas da infraestrutura informática necesaria para o desenvolvemento do seu negocio da maneira máis eficiente.
Neste módulo os alumnos reciben a formación necesaria para a implantación, configuración e xestión de redes de área local e a súa conexión coas redes de área extensa, analizando e estudando todos aqueles elementos fundamentais neste tipo de redes.
Os obxectivos específicos a acadar coa impartición do módulo son os seguintes:
- Comprender os elementos e características básicas das redes de comunicacións.
- Coñecer as características físicas das transmisións e manipular os distintos compoñentes de conexión.
- Coñecer as distintas topoloxías de rede lóxicas e físicas.
- Coñecer e realizar os pasos necesarios para o deseño e documentación dunha rede de área local.
- Implantar o cableado e dispositivos necesarios nunha rede de área local.
- Implantar e configurar redes de área local sen fíos.
- Detectar e resolver problemas de conectividade que poden producirse nas redes de área local.
- Comprender as arquitecturas de redes.
- Analizar e configurar os distintos protocolos de redes no nivel de enlace.
- Manexar e configurar diferentes dispositivos de rede.
- Configurar redes de área local baseadas no protocolo IP, con diversos sistemas operativos.
- Coñecer e manexar os distintos protocolos e ferramentas para a xestión de redes.
Desenvolvemento curricular das unidades didácticas
Unidade didáctica 1: Introdución ás redes de comunicacións
Esta unidade de traballo introduce aos alumnos nos conceptos básicos das redes de comunicacións, os elementos que compoñen un sistema de comunicación , así como a clasificación xeral das redes de ordenadores.
Obxectivos didácticos
- Coñecer os conceptos básicos das redes de comunicación e as transmisións.
- Distinguir os distintos tipos de rede en base ó seu tamaño.
- Coñecer a evolución dos medios de comunicación.
Contidos
- Concepto e obxectivos das redes.
- Historia das redes de comunicacións.
- Diferencia entre transmisión e comunicación.
- Elementos dos sistemas de comunicación.
- Clases de liñas de comunicación.
- Clases de redes de ordenadores.
Actividades
- Identificar distintos tipos de redes en función das súas características.
- Resolver cuestións sobre contidos básicos abordados na unidade.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprenzaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA1: CA1.1, CA1.2
Unidade didáctica 2: Aspectos físicos das transmisións
Nesta unidade de traballo abórdanse todos aqueles coñecementos relacionados coas aspectos físicos das transmisións necesarias para a comunicación nunha rede de ordenadores. Analizaranse os distintos medios de transmisións e as súas características, así como os dispositivos para a intercomunicación de redes a nivel físico.
Obxectivos didácticos
- Coñecer os distintos procesos que se poden producir nas transmisións.
- Diferenciar as distintas clasificacións de transmisións en base ás súas características técnicas.
- Distinguir as posibles perturbacións que se poden producir nunha transmisión.
- Coñecer os distintos medios de transmisión utilizados nas redes de ordenadores e as súas características, así como os procedementos básicos para a súa manipulación.
- Analizar os elementos do cableado estruturado.
- Coñecer e manipular os distintos dispositivos de conexión de redes a nivel físico.
Contidos
- A codificación
- Frecuencia e ancho de banda
- Características das transmisións:
- Redes punto a punto e multipunto
- Transmisións analóxicas e dixitais
- Transmisións en serie e en paralelo
- Transmisións símplex, dúplex e semidúplex
- Transmisións síncronas e asíncronas
- Redes banda base e banda ancha
- A multiplexación
- Perturbacións nas transmisións. Tipos
- Medios de transmisión:
- Par trenzado. Categorías e clases
- Coaxial. Tipos
- Fibra óptica. Tipos
- Redes sen fíos. Tipos
- Elementos do cableado estruturado
- Realizar cableado con cable par trenzado, coaxial e fibra óptica, colocando os conectores correspondentes e comprobando o seu correcto funcionamento.
- Dispositivos de conexión de redes
- Tarxetas de rede
- Repetidores
- Hubs. Implantar e manipular hubs.
- Módems
- Identificar e prever os riscos laborais nos procesos de montaxe da rede.
Actividades
- Realización de cables de par trenzado cruzados para a conexión directa de dous equipos.
- Montaxe do cableado dunha aula seguindo os estándares do cableado estruturado, facendo uso de rosetas de conexión, rack de distribución e paneis de parcheo.
- Realización de cables coaxiais e de fibra óptica.
- Conexión de equipos en rede por medio dun hub.
- Busca de modelos, fabricantes e prezos dos distintos elementos de conexión de redes analizados.
- Resolver cuestións sobre os contidos básicos da unidade.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprenzaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA1: CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4
- RA2: CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8, CA2.9
- RA3: CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6, CA3.7
Unidade didáctica 3: Deseño e documentación das redes locais
A implantación dunha rede local precisa dun plan lóxico que defina a estrutura global da mesma e serva de guía para a instalación física. Ademais, o correcto mantemento da rede só é posible a partir dunha documentación que indique a ubicación e configuración dos elementos da mesma. Nesta unidade o alumnado aprenderá como interpretar e realizar o esquema lóxico e documentación necesaria dunha rede local.
Obxectivos didácticos
- Interpretar e realizar o esquema lóxico dunha rede local.
- Manexar algún programa de diagramación para realizar o deseño de redes.
- Coñecer a documentación e etiquetado necesario nunha rede local.
- Elaborar os manuais técnicos necesarios para o deseño da rede.
Contidos
- Convencións de etiquetado do cableado dunha rede.
- Elementos da documentación dunha rede local.
- Manexar programas de diagramación para a elaboración dun esquema lóxico de rede de acordo cos requirimentos indicados.
- Valorar a importancia da planificación dos proxectos para garantir a calidade e nivel de cumprimento dos mesmos con respecto aos requirimentos establecidos.
Actividades
- Elaboración de deseños de LANs e planificacións da implantación sobre supostos prácticos.
- Interpretar a documentación dunha rede local para localizar distintos elementos da mesma.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprenzaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA1: CA1.5, CA1.6
- RA3: CA3.1
Unidade didáctica 4: Topoloxías de redes
Unha rede de ordenadores non se constrúe simplemente estendendo un cableado, senón que é imprescindible unha organización tanto física como lóxica para que a rede opere correctamente. Esta unidade de traballo aborda as distintas topoloxías lóxicas e físicas existentes nas redes de ordenadores, analizando as vantaxes e inconvenientes de cada unha delas.
Obxectivos didácticos
- Comprender a necesidade e funcións da topoloxía nas redes de ordenadores.
- Diferenciar as distintas topoloxías físicas e as súas características.
- Diferenciar as distintas topoloxías lóxicas e as súas características.
Contidos
- Concepto topoloxía.
- Topoloxía lóxica e física.
- Topoloxías físicas:
- Topoloxía de bus
- Topoloxía en estrela
- Topoloxía en anel
- Topoloxía en malla
- Topoloxías lóxicas:
- Topoloxía en bus
- Topoloxía en anel
Actividades
- Seleccionar topoloxías para redes en base a unha serie de requirimentos para unha rede.
- Resolver cuestións sobre os contidos básicos da unidade.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprenzaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA1: CA1.7, CA1.8
Unidade didáctica 5: Arquitecturas de redes e modelos de referencia
Esta unidade didáctica presenta aos alumnos as arquitecturas estándares e os protocolos nos que se basean a redes de ordenadores actuais, e o seu funcionamento.
Obxectivos didácticos
- Comprender a necesidade dos estándares para a conexión de sistemas abertos.
- Analizar as características do modelo de referencia OSI e os seus distintos niveis.
- Analizar as características da pila de protocolos TCP/IP, similitudes e diferencias co modelo OSI.
Contidos
- Conceptos de estándares e protocolos
- Principais organismos de estandarización
- Modelo de referencia OSI. Compoñentes
- Funcións dos distintos niveis do modelo OSI
- A pila de protocolos TCP/IP
- Funcións dos distintos niveis e correspondencia co modelo OSI
- Valorar a importancia dos estándares para a conexión de sistemas informáticos
- Comprender a necesidade de arquitecturas para a definición de solucións para as redes de ordenadores
Actividades
- Comparar as similitudes e diferencias dos modelos OSI e TCP/IP, e a súa implantación nas aplicacións de rede actuais.
- Investigación sobre os principais organismos de estandarización de redes e importancia dos estándares definidos polos mesmos.
- Resolver cuestións sobre os contidos básicos da unidade.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprenzaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
Unidade didáctica 6: O nivel de enlace. Protocolos
O nivel de enlace é o que proporciona os mecanismos e procedementos necesarios para a conexión directa de equipos dentro dunha rede de área local, control de erros, acceso ao medio, etc. Nesta unidade didáctica abordaranse os distintos elementos do nivel de enlace así como os protocolos máis relevantes dentro do mesmo.
Obxectivos didácticos
- Comprender as funcións básicas do nivel de enlace nas redes de ordenadores.
- Coñecer o funcionamento e estrutura xeral dos protocolos de nivel de enlace máis relevantes.
- Comprender o funcionamento dos dispositivos de rede que operan a nivel de enlace e os mecanismos para a súa manipulación e configuración.
Contidos
- Funcións do nivel de enlace.
- O control de erros. Algoritmos relevantes para a detección e corrección de erros.
- Os métodos de acceso ó medio. Principais métodos de acceso ó medio.
- Segmentación e formación de paquetes. Direccionamento.
- Os estándares IEE 802.x
- Diferentes estándares definidos polo IEE 802.
- Subniveis do nivel de enlace:
- O subnivel de acceso ó medio.
- O subnivel de control de enlace lóxico.
- O protocolo 802.3: Ethernet.
- Características e formato da trama.
- Estándares definidos por Ethernet.
- O protocolo 802.5: Token Ring.
- Características e formatos das tramas.
- Outros protocolos de nivel de enlace: FDDI, AppleTalk e ARCNet.
- Protocolos de enlace para redes sen fíos:
- O protocolo 802.11
- Mecanismos de seguridade nas redes en fíos
- Dispositivos a nivel de enlace:
- Pontes ou bridges.
- Conmutadores ou switches. Configuración switches.
- Segmentación en redes virtuais (VLANs). Protocolos.
- Puntos de acceso sen fíos. Configuración
Actividades
- Configuración de switches e montaxe de redes na aula.
- Realización se exercicios de simulación do funcionamento de switches e hubs.
- Configuración de puntos de acceso sen fíos.
- Diferenciar as características principais dos distintos protocolos a nivel de enlace.
- Resolver cuestións sobre os contidos básicos da unidade.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprenzaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA1: CA1.3
- RA3: CA3.8, CA3.9
- RA4: CA4.2, CA 4.3
Unidade didáctica 7: O nivel de rede. Protocolos e direccionamento IP
O nivel de rede permite a conexión de equipos que non teñen que estar conectados directamente entre si, mediante o enrutamento dos paquetes de orixe ao destino. O coñecemento das funcións principais do nivel de rede, dos protocolos máis relevantes que pertencen a este nivel e a súa configuración, así como a configuración de dispositivos de rede que operan a nivel de rede son fundamentais para a implantación e xestión de redes de área local, que son abordados nesta unidade didáctica.
Obxectivos didácticos
- Comprender as funcións do nivel de rede nas redes de ordenadores.
- Deseñar redes IP de de área local definindo as direccións e máscaras de rede a utilizar nos distintos nodos da rede e os dispositivos de conexión a utilizar.
- Coñecer os procedementos de configuración de routers.
Contidos
- Funcións do nivel de enlace. Enrutamento.
- Protocolo IP:
- Direccionamento e clases de direccións.
- Segmentación de redes: dominios de colisión e dominios de broadcast.
- Subredes e máscaras de rede.
- Outros protocolos
- O protocolo DHCP.
- Protocolo ICMP.
- Protocolos ARP e RARP.
- Os protocolos PPP e SLIP.
- Mecanismos para a tradución de direccións: NAT
- Dispositivos de interconexión a nivel de rede. Enrutadores ou routers:
- Funcionamento e configuración.
- Protocolos de enrutamento.
- Comandos básicos de configuración de routers.
- Deseño de LANs definindo as direccións, máscaras de rede e dispositivos de rede necesarios de acordo aos requirimentos establecidos.
Actividades
- Realizar deseños do direccionamento da rede e dispositivos a utilizar para unha rede de área local partindo dunha serie de requirimentos establecidos.
- Configuración de routers.
- Monitorizar os sinais visuais dos dispositivos de interconexión.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprenzaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA1: CA1.3
- RA4: CA4.2, CA 4.3
Unidade didáctica 8: Niveis de transporte e aplicación
Esta unidade de traballo aborda o estudo dos fundamentos e principais características dos protocolos de transporte TCP e UDP, que son os utilizados hoxe en día na ampla maioría das redes tanto de área local como de área extensa. No nivel de aplicación, abórdanse tamén p análise dos protocolos e servizos máis utilizados en redes, como son telnet, ftp, http, smtp, o servicio de DNS, etc.
Obxectivos didácticos
- Comprender os servizos do nivel do nivel de transporte e o seu funcionamento básico.
- Coñecer os principais protocolos de aplicación das redes e o seu funcionamento.
- Comprender as funcionalidades das pasarelas ou gateways.
Contidos
- Protocolos TCP y UDP:
- Funcionamento básico.
- O direccionamento no nivel de transporte: Os portos.
- Protocolos de aplicación:
- Telnet, FTP, SMTP, SNMP, HTTP.
- O servizo de DNS.
- Dispositivos de conexión de redes a nivel de aplicación: As pasarelas ou gateways.
Actividades
- Seleccionar protocolos necesarios para certos servizos dentro dunha rede.
- Configuración e xestión de pasarelas.
- Resolver cuestións sobre os contidos básicos da unidade.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprenzaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA4: CA4.2
Unidade didáctica 9: Configuración e monitorización do nodo de rede con Windows
A configuración e xestión do software da rede, concretamente do sistema operativo de rede e os seus servizos asociados, é unha peza clave na implantación e explotación da mesma. Nesta unidade de traballo, abórdanse os procedementos necesarios para a configuración e monitorización dun nodo de rede utilizando o sistema operativo Windows, utilizando tanto as versión de cliente de Windows XP, Windows Vista e Windows 7, como a versión de servidor Windows Server.
Obxectivos didácticos
- Instalar os sistemas operativos Windows XP, Windows Vista e Windows Server.
- Configurar a conectividade en rede de Windows.
- Utilizar as ferramentas rede incluídas en Windows.
- Configurar os servizos de DHCP, enrutamento e NAT con Windows Server.
Contidos
- Instalación de Windows XP, Windows Vista e Windows Server.
- Configuración de TCP/IP en Windows.
- Soporte de protocolos IPX e NetBeui.
- Comandos básicos de rede: ipconfig, ping, arp, tracert, netstat, etc.
- Configuración do servizo de enrutamento e NAT en Windows Server.
- Configuración do servizo DHCP en Windows Server.
- Ferramentas de monitorización do rendemento da rede.
- Configuración do firewall de Windows.
Actividades
- Instalar os sistemas operativos Windows XP, Windows Vista e Windows Server.
- Configurar a conexión en rede destes sistemas.
- Utilizar os comandos de rede en exercicios prácticos.
- Configurar o servidor de DHCP en Windows Server.
- Configurar o servizo de enrutamento e NAT en Windows Server.
- Configurar o firewall de Windows.
- Instalar e manexar de ferramentas de monitorización de rede.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprenzaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA4: CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5
Unidade didáctica 10: Configuración e monitorización do nodo de rede con Linux
Nesta unidade de traballo, abórdanse os procedementos necesarios para a configuración e xestión de LANs con Linux, analizando as vantaxes e inconvenientes con respecto a Windows. Esta unidade permite ó alumno asimilar a importancia dos sistemas abertos e os estándares dentro das redes de ordenadores, así como poder manexar distintas alternativas de sistemas operativos e software de xestión da rede de área local.
Obxectivos didácticos
- Instalar o sistema operativo Linux.
- Configurar Linux en rede.
- Utilizar os comandos e ferramentas básicas de rede en Linux.
- Configurar servizos de rede en Linux.
Contidos
- Instalación de Linux.
- Configuración de TCP/IP en Linux.
- Comandos básicos de rede: ifconfig, ping, arp, traceroute, netstat, etc.
- Arranque e parada de servizos en Linux.
- Configuración do servizo de enrutamento e NAT en Linux.
- Configuración do servizo DHCP en Linux.
- Ferramentas de monitorización do rendemento da rede.
- Configuración do firewall de Windows.
Actividades
- Instalar o sistema operativo Linux.
- Configurar o sistema en rede e utilizar os comandos de rede de Linux.
- Configurar e implantar en Linux os diferentes servizos de rede abordados na unidade.
- Configurar o firewall en Linux.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprenzaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:
- RA4: CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5
Unidade didáctica 11: Protocolos e ferramentas para auditoría e xestión de redes
A auditoría da rede permite o administrador da mesma detectar e solucionar posibles problemas de tráfico e conxestión, visualizar e analizar o rendemento da mesma. Nesta unidade abórdanse os distintos protocolos e ferramentas para realizar a auditoría e xestión do funcionamento da rede.
Obxectivos didácticos
- Coñecer e manexar ferramentas para a auditoría e xestión dunha rede de área local.
Contidos
- Parámetros característicos do rendemento da rede.
- Analizadores de rede.
- Caracterización do tráfico na rede.
- O protocolo SNMP.
- A base de datos MIB e as sondas RMON.
Actividades
- Instalación e utilización de ferramentas baseadas en SNMP en Windows e Linux.
Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación
- Empregar aplicacións de verificación do funcionamento da rede.
- Localizar a causa da disfunción.
- Identificar a responsabilidade do hardware ou do software na disfunción.
- Restituír o funcionamento substituíndo equipamentos ou elementos.
- Solucionar as disfuncións do software mediante a configuración ou a reinstalación.
- Elaborar un informe de incidencias.
Contidos mínimos
Os contidos mínimos imprescindibles para a superación do módulo son os seguintes:
- Coñecemento dos elementos básicos dun proceso de comunicación, así como distinguir os distintos tipos de redes segundo o seu tamaño.
- Coñecer as principais características das comunicacións e das liñas de comunicación.
- Coñecer e manipular os diferentes tipos de cableado.
- Coñecer e manipular os distintos dispositivos de conexión de redes.
- Interpretar e elaborar esquemas lóxicos de rede de acordo aos requirimentos indicados.
- Coñecer e levar a cabo os pasos necesarios para o deseño dunha rede de área local.
- Distinguir as distintas topoloxías de rede existentes, e as súas características.
- Distinguir as principais arquitecturas de rede e os niveis que comprenden, así como as funcións de cada un dos niveis.
- Coñecer as funcións do nivel de enlace e as características dos principais protocolos.
- Coñecer as funcións do nivel de rede e as características do protocolo IP.
- Definir o direccionamento IP e máscaras necesarias para unha rede.
- Coñecer os principais protocolos de aplicación de rede.
- Configurar nodos de rede con Windows e Linux.
Metodoloxía
Con respecto á metodoloxía didáctica a seguir na impartición do módulo, cabe destacar os seguintes aspectos:
- No comezo de cada unidade de traballo, exporánse na clase os conceptos e obxectivos fundamentais da mesma.
- Nas distintas sesións da ensino-aprendizaxe, o profesor introducirá os novos conceptos aos alumnos, buscando sempre a implicación dos mesmos no establecemento de debates para aclarar no máximo posible estes conceptos. Para favorecelo, o profesor plantexará durante a explicación cuestións que propicien o razoamento dos alumnos. Tentarase desta forma aclarar todas as dúbidas que poidan aparecer sobre os temas abordados. Por outra banda, a exposición das distintas unidade na clase realizarase mediante un wiki no que ademais de expoñer os contidos propios da mesma, os alumnos poderán acceder a enlaces na web que complementan e amplían estes contidos. Desta forma preténdese tamén fomentar a autonomía na formación e a capacidade de análise crítica nos alumnos, co obxectivo de favorecer a súa aprendizaxe permanente unha vez rematado o ciclo formativo.
- A continuación, os alumnos realizarán diferentes actividades prácticas sobre os conceptos expostos, que variarán segundo a unidade. Moitas destas actividades serán realizadas coa ferramenta de e-learning implantada na aula virtual do centro, incluíndo diversos cuestionarios sobre os contidos fundamentais das distintas unidades didácticas.
- En ocasións, os alumnos realizarán traballos en grupos, propostos polo profesor.
Temporalización
Na seguinte táboa recóllense as sesións (de 50 minutos) adicadas a cada unha das unidades didácticas nas que se distribúen os contidos do módulo:
| Unidade didáctica | Sesións |
|---|---|
| U.D. 1: Introdución ás redes de comunicacións | 6 |
| U.D. 2: Aspectos físicos das transmisións | 35 |
| U.D. 3: Deseño e documentación das redes locais | 10 |
| U.D. 4: Topoloxías de redes | 6 |
| U.D. 5: Arquitecturas de redes e modelos de referencia | 10 |
| U.D. 6: O nivel de enlace. Protocolos | 20 |
| U.D. 7: O nivel de rede. Protocolos e direccionamento IP | 25 |
| U.D. 8: Niveis de transporte e aplicación | 6 |
| U.D. 9: Configuración e monitorización do nodo de rede con Windows | 40 |
| U.D. 10: Configuración e monitorización do nodo de rede con Linux | 43 |
| U.D. 11: Protocolos e ferramentas para auditoría e xestión de redes | 9 |
Avaliación
Instrumentos de avaliación
No comezo do módulo, o profesor realizará unha avaliación inicial que permitirá coñecer o nivel de coñecementos previos dos alumnos.
O prantexamento teórico-práctico do módulo fai imprescindible a asistencia á clase para a superación do mesmo.
Ademais, o profesor terá en conta a participación dos alumnos en clase e as respostas sobre conceptos básicos recentemente abordados na mesma. Desta maneira, formarase unha avaliación formativa que permitirá corrixir e mellorar durante o curso os procesos de ensino-aprendizaxe programados.
Os alumnos realizarán probas que englobarán unha ou varias unidades de traballo, en papel ou ordenador, que formarán a avaliación sumativa das unidades do módulo, tendo en conta o número de sesións adicadas a cada unha delas. Os alumnos que suspendan algunha unidade de traballo poderán recuperalas mediante unha proba ao final do curso ou do trimestre.
Sistemas de cualificación
As prácticas realizadas ao longo do curso tamén formará parte da avaliación final. Os porcentaxes cos que se formará a nota final será:
| Parte | Porcentaxe |
|---|---|
| Participación en clase e prácticas realizadas | 30% |
| Probas das unidades didácticas | 70% |
A cualificación final da avaliación será un número enteiro de 1 a 10, resultado de redondear os resultado obtidos seguindo a táboa. Considéranse aprobados aqueles alumnos que obteñan unha cualificación igual ou superior a 5.
Tendo en conta que o correcto comportamento e colaboración na clase por parte dos alumnos é fundamental para o desenvolvemento do módulo, poderase restar ata un 30% da nota final a aqueles alumnos que presenten faltas de comportamento graves que impidan o transcurso normal das clases ou que provoquen deterioros intencionados no material utilizado.
Plan extraordinario de avaliación
Para o alumnado que perda o dereito a avaliación continua ou non supere o proceso ordinario de avaliación, a avaliación final extraordinaria do módulo consistirá na realización de varias probas co obxectivo de comprobar que este acade os contidos mínimos recollidos nesta programación. As probas que deberá realizar serán as seguintes:
- Un proba escrita que abarcará os contidos das unidades 1 a 7.
- Unha proba práctica de realización de cableado, no que demostre a correcta manipulación dos cables de par trenzado, coaxial e/ou fibra óptica.
- Unha proba práctica de conexión e configuración de dispositivos de conexión de rede, como hubs, tarxetas de rede, switches, puntos de acceso sen fíos, routers e pasarelas.
- Unha proba práctica na que se deberá realizar o deseño dunha rede nun suposto práctico utilizando ferramentas de diagramación, elaborando o manual técnico do cableado da mesma.
- Unha proba práctica no ordenador que abarcará os contidos das unidades 9 a 12, e na que o alumnado deberá realizar a configuración dunha rede cos sistemas operativos Windows e Linux.
Actividades de recuperación
- Tanto para alumnos que teñan pendente o módulo nos módulos de 1º curso como para os que suspendan na 2ª avaliación nos módulos de 2º
Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais
Durante o desenvolvemento do curso prestarase especial atención ao alumnado que presente necesidades educativas especiais ou algún grao de discapacidade, mediante unha secuenciación diferenciada das unidades didácticas, a realización dun maior número de actividades graduadas en dificultade e poñendo á súa disposición os recursos necesarios para a consecución dos obxectivos didácticos fixados nas distintas unidades.
Seguimento e avaliación da programación
No desenvolvemento do curso, farase uso de diversos mecanismos para facer un seguimento e avaliación do planificado na presente programación:
- De xeito continuo, o profesor avaliará na clase a medida en que o alumnado acada de forma xeral os obxectivos fixados nas distintas unidades didácticas. En consecuencia, poderase decidir incidir en determinados contidos e/ou actividades, aumentando se se considera necesario o número de sesións adicadas a unha determinada unidade.
- Ao remate de cada trimestre, o alumnado cubrirá unha enquisa na que valorará diversos aspectos do desenvolvemento do módulo, como a metodoloxía utilizada, as actividades realizadas, os recursos usados, os contidos expostos, etc. O resultado destas enquisas serán utilizados para aplicar as correccións que se consideren oportunas no propio desenvolvemento do curso, así como en vindeiros cursos académicos.
- O profesor recollerá a temporalización real das distintas unidades didácticas, co obxectivo de poder corrixir no propio curso os desfases detectados fronte a temporalización prevista e precisar mellor a temporalización das unidades en vindeiros cursos académicos.
Materiais e recursos didácticos
O profesor porá a disposición do alumnado un material que aborda os contidos das unidades didácticas, por medio dun wiki no que ademais se inclúen enlaces a diversas páxinas con información complementaria sobre os contidos nel recollidos. Desta maneira preténdese fomentar o debate e reflexión sobre estes contidos, facilitando así a súa asimilación por parte do alumnado.
Ademais, destaca como recomendable o libros da editoriais MacGraw-Hill editado para este módulo especificamente, así como o editado para o módulo de Redes de Área Local do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos.
Cada alumno contará con un ordenador para realizar as actividades das clases, e o profesor con un ordenador con canón proxector para expoñer os contidos das mesmas.
Para a realización das prácticas de montaxe de redes, farase uso do seguinte material:
- Cableado de par trenzado, coaxial e fibra óptica.
- Conectores e ferramentas para manipular este tipo de cableado.
- Un armario e un panel de parcheo.
- Dous tésters para verificar a calidade dos conectores realizados.
- Un switch xestionable.
- Un punto de acceso sen fíos e tarxetas de rede sen fíos.
- Bridas, bridas etiquetados e canaletas.
