Fibra óptica
De Wiki do Pazo da Mercé
Características da fibra óptica
No cable de fibra óptica transpórtanse sinais dixitais de datos en forma de pulsos modulados de luz. Esta é unha forma relativamente segura de enviar datos debido a que, a diferencia dos cables de cobre que levan os datos en forma de sinais electrónicos, os cables de fibra óptica transportan impulsos non eléctricos. Isto significa en primeiro lugar que o cable de fibra óptica non se pode pinchar e os seus datos non se poden roubar, pero ademais que a transmisión é insensible a interferencias electromagnéticas externas.
Un sistema de transmisión óptico ten tres compoñentes:
- A fonte de luz: Encárgase de converter un sinal dixital eléctrico nun sinal óptico. Xeralmente utilízase un pulso de luz para representar un "1" e a ausencia de luz para representar un "0". Esta fonte pode ser un diodo láser (emite un onda láser) ou un diodo LED.
- O medio de transmisión: Trátase dunha fibra de vidro ultradelgada, que transporta os pulsos de luz.
- O detector: Encárgase de xerar un pulso eléctrico no momento no que a luz incide sobre el.
O cable de fibra óptica é apropiado para transmitir datos a velocidades moi altas (ata 370 Thz) e con grandes capacidades debido á carencia de atenuación do sinal e a súa pureza.
Unha fibra óptica consta dun cilindro de vidro extremadamente delgado, denominado núcleo, recuberto por unha capa de vidro concéntrica, coñecida como revestimento. As fibras a veces son de plástico. O plástico é más fácil de instalar, pero non pode levar os pulsos de luz a distancias tan grandes como o vidro. Na transmisión, o sinal é conducido polo interior do núcleo, sen poder escapar del debido ás reflexións internas totais que se producen, impedindo tanto o escape de enerxía cara o exterior coma a adición de novas sinais externas. Varios cables de fibra poden agruparse en haces utilizando unha funda exterior.
Debido a que os fíos de vidro pasan os sinais nunha soa dirección, un cable consta de dous haces en envolturas separadas: un fío transmite e o outro recibe. Unha capa de plástico de reforzo ó redor de cada fío de vidro e as fibras Kevlar ofrecen solidez. No conector de fibra óptica, as fibras de Kevlar colócanse entre os dous cables. Ó igual que os seus homólogos (par trenzado e coaxial), os cables de fibra óptica encérranse nun revestimento de plástico para a súa protección.
Imagen:Conectoresfibraoptica.jpg
