Programación do módulo de Aplicacións Ofimáticas

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Jcarlos (Conversa | contribucións) ás 20:20, 17 setembro 2010

Índice

Introdución

O módulo profesional que nos ocupa é o de aplicacións ofimáticas, necesario para adquirir o título de Técnico en Sistemas MicroInformáticos e Redes. A finalidade da Formación Profesional é a preparación dos alumnos e alumnas para a actividade nun campo profesional e a súa capacitación para o desempeño cualificado das distintas profesións, proporcionándolles unha formación polivalente que lles permita adaptarse ós cambios laborais que podan producirse ó longo da súa vida profesional. Inclúe tanto a formación profesional de base, que se adquire na Educación Secundaria, como a formación profesional específica de grao medio e de grao superior. Na Educación Secundaria Obrigatoria os alumnos e alumnas recibirán unha formación básica de carácter profesional. A formación en xeral e a profesional en particular constitúen hoxe en día obxectivos prioritarios de calquera país que plantexe estratexias de crecemento económico, de desenrolo tecnolóxico e de mellora da calidade de vida dos seus cidadáns ante unha realidade que manifesta claros síntomas de cambio acelerado, especialmente no campo tecnolóxico. A mellora e adaptación das cualificacións profesionais non só supón unha adecuada resposta colectiva ás esixencias dun mercado cada vez máis competitivo, senón tamén un instrumento individual decisivo para que a poboación activa poida enfrontarse eficazmente os novos requirimentos de polivalencia profesional, ás novas dimensións das cualificacións e á crecente mobilidade no emprego. As ensinanzas de Formación Profesional Específica ordénanse en ciclos formativos de grao medio, comprendidos no nivel da Educación Secundaria, e de grao superior, que conducen á obtención de títulos con validez académica e profesional. A estructura e organización das Ensinanzas profesionais, os seus obxectivos e contidos, así como os criterios de avaliación, son enfocados na formación profesional específica dende a perspectiva da adquisición da competencia profesional. Cada Título conten un perfil profesional que serve de referencia fundamental para definir a súa formación. Este perfil está formado por un conxunto de accións e resultados, que son os comportamentos esperados das persoas nas situacións de traballo ás que deben enfrontarse na producción e que se denominan realizacións profesionais. Cada realización profesional ou enunciado de competencia inclúe un conxunto de criterios de realización. Ditos criterios serven de referente para avaliar o traballo en contextos productivos e a competencia profesional no centro educativo. As realizacións profesionais están agrupadas en unidades de competencia, que establecen as competencias e responsabilidades de cada traballo. As ensinanzas do ciclo formativo organízanse en módulos profesionais, que teñen por obxecto proporcionar ós alumnos e alumnas competencia profesional característica de cada título. Os módulos profesionais específicos están asociados a unha unidade de competencia, mentres cos transversais poden estar asociados a varias unidades de competencia. Os elementos curriculares, que forman un módulo, son os obxectivos, expresados en termos de capacidades terminais, os criterios de avaliación e os contidos. A concreción e o desenvolvemento dun ciclo formativo farase mediante a elaboración de proxectos curriculares. Unha parte moi importante dentro de ditos proxectos a constitúe a programación de cada módulo. Esta debe constar dos seguintes elementos:

  • Relación de capacidades terminais contextualizadas.
  • Secuencia de unidades didácticas que integran o módulo.
  • Estratexias metodolóxicas e de avaliación, así como os materiais seleccionados para a súa utilización no proceso de ensinanza e aprendizaxe.

O módulo de AO impartirase no centro educativo cunha duración total de 240 horas que equivalen a 288 sesións de 50 mniutos (9 sesións semanais). As tarefas de ensinanza e aprendizaxe se enfocaron ás tarefas presumibles que o alumnado terá no mundo laboral. A normativa de referencia desta programación didáctica é o Decreto 27/2010, do 25 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo.

Obxectivos xerais do módulo

Neste módulo formativo, os obxectivos xerais van encamiñados á formación do alumnado na obtención de capacidades para a explotación e administración de sistemas microinformáticos en entornos monousuario e multiusuario dentro da empresa. Para isto o alumno deberá demostrar a súa capacidade en relación ós seguintes aspectos:

  • Coñecemento xeral sobre a estructura dun sistema informático.
  • Realizar a instalación e/o mantemento de aplicacións ofimáticas e corporativas, operando cos instrumentos e ferramentas informáticas necesarias, e actuando ca calidade e seguridade requeridas.
  • Utilización e busqueda de información e formación relacionada có exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector informático.
  • Coñecemento dos recursos e medios informáticos utlizados na empresa.

Realización de mantemento de equipos informáticos, operando coas ferramentas, utilidades, materiais e instrumentos necesarios, e actuando coa calidade e seguridade necesarias.

Obxectivos específicos.

Como referencia o sistema educativo tomáronse as capacidades terminais deste módulo, onde se especifican os resultados que deben ser alcanzados polos alumnos na súa etapa formativa. Devanditas capacidades terminais son as seguintes:

  • Coñecemento dos procesos de instalación e configuración de aplicacións ofimáticas.
  • Instalación e configuración de aplicacións corporativas, tanto de ámbito libre coma de pago por licencia.
  • Procedemento de diagnostico e resolución de problemas.
  • Técnicas de asistencia ao usuario.
  • Elaboración de documentos e manuais mediante procesadores de texto e follas de cálculo.
  • Manexo de procesadores de texto.
  • Deseño e creación de macros. Fundamentos de programación en procesadores de texto.
  • Manexo de follas de cálculo.
  • Deseño e creación de macros. Fundamentos de programación en follas de cálculo.
  • Elaboración de presentacións.
  • Manexo de ferramentas de presentación.
  • Deseño e creación de macros. Fundamentos de programación con programas de presentación.
  • Utilización de bases de datos.
  • Xestión de correo e axenda electrónica.
  • Manipulación de imaxes e vídeo.
  • Personalización das contornas de traballo office e Open-Office.

Desenvolvemento curricular das unidades didácticas

Unidade didáctica 1: Procedimentos de instalación e configuración de aplicacións ofimáticas.

Obxectivos didácticos

  • Coñecer a instalación e configuración dos compoñentes da aplicación requeridos, no servidor e nos equipos clientes.
  • Manexar a configuración da aplicación en cada posto para acceder ós recursos propios e compartidos.
  • Saber eliminar e engadir compoñentes á aplicación instalada.
  • Coñecer a configuración e instalación monoposto.

Contidos

  • Funcionamento básico dunha empresa.
  • Aplicaicións ofimáticas no mercado.
  • Instalar os compoñentes da aplicación requeridos, no servidor e en cada un dos equipos clientes.
  • Configurar a aplicación en cada posto para que acceda ós recursos propios do posto e ós recursos compartidos especificados.
  • Eliminar e engadir compoñentes á instalación no servidor e adecualo nos equipos clientes.
  • Configuración e instalación monoposto.

Actividades

  • Avaliar os distintos paquetes ofimáticos e aplicacións existentes no mercado.
  • Decidir que tipo de paquete ofimático ou aplicación se adapta mellor a empresa na cal imos a implantalo.
  • Instalar aplicacións ofimáticas e corporativas nos equipos do sistema.
  • Configurar e actualizar as aplicacións ofimáticas e corporativas nos equipos do sistema.
  • Probar o correcto funcionamento do paquete ofimático ou aplicación intalados e configurados.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

RA1. Instala e actualiza aplicacións ofimáticas, atendendo ás especificacións dadas en distintos contornos de explotación.

  • CA1.1. Identificáronse e establecéronse as fases do proceso de instalación.
  • CA1.2. Identificáronse os requisitos mínimos e óptimos para o funcionamento da aplicación.
  • CA1.3. Obtívose a información sobre os compoñentes de hardware e de software instalados no equipamento mediante as utilidades do sistema operativo.
  • CA1.4. Respectáronse as especificacións técnicas do proceso de instalación.
  • CA1.5. Configuráronse as aplicacións segundo os criterios establecidos.
  • CA1.6. Solucionáronse problemas na instalación ou na integración co sistema informático.
  • CA1.7. Elimináronse ou engadíronse compoñentes da instalación no equipamento.
  • CA1.8. Actualizáronse as aplicacións.
  • CA1.9. Respectáronse as licenzas de software.
  • CA1.10. Propuxéronse solucións de software para diversos contornos de aplicación.
  • CA1.11. Documentáronse as incidencias.

Unidade didáctica 2: Elaboración de documentos e plantillas mediante procesadores de texto. (Word e OpenOfficce.org.Writer).

Obxectivos didácticos

  • Describir os elementos dun procesador de texto.
  • Manexar os formatos de caracteres, parágrafos e páxinas.
  • Manexar os formatos de columnas periodísticas.
  • Manexar a fusión de documentos e cartas persoalizadas.
  • Manexar gráficos e ecuacións nun procesador de texto.
  • Integrar documentos con outras aplicacacións do paquete integrado.

Contidos

  • Introducción os procesadores de texto, primeiros pasos.
  • Escribir e editar.
  • Corrixir os documentos.
  • Formato de caracteres.
  • Formato de párrafos.
  • Formato de páxinas.
  • Columnas periodísticas.
  • Táboas.
  • Plantillas e Macros.
  • Fusionar documentos. Cartas persoalizadas.
  • Importar e exportar documentos creados noutras aplicacións e noutros formatos.
  • Introducción de textos e imaxes dende distintas aplicacións e periféricos.
  • Gráficos WordArt en Fontwork. Editor de Ecuacións.

Actividades

  • Coñecer as distintas opcións do procesador de textos.
  • Elaborar documentos mediante aplicacións ofimáticas de procesadores de textos.
  • Deseñar documentos atendendo a súa finalidade empregando as opcións do procesador axeitadas.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

RA2. Elabora documentos e patróns aplicando as opcións avanzadas de procesadores de textos.

  • CA2.1. Personalizáronse as opcións do procesador de textos e da barra de ferramentas.
  • CA2.2. Utilizáronse aplicacións e periféricos para introducir textos e imaxes.
  • CA2.3. Importáronse e exportáronse documentos creados con outras aplicacións e noutros formatos.
  • CA2.4. Deseñáronse patróns.
  • CA2.5. Creáronse e utilizáronse macros na realización de documentos.
  • CA2.6. Utilizouse a combinación de correspondencia para o envío masivo de correo.
  • CA2.7. Elaboráronse manuais específicos.

Unidade didáctica 3: Elaboración de documentos e plantillas mediante unha folla de cálculo. (Excel e OpenOfficce.org.Calc).

Obxectivos didácticos

  • Describir os compoñentes dunha folla de cálculo.
  • Manexar o formato das celdas e da folla.
  • Manexar gráficos.
  • Manexar funcións dunha folla de cálculo.

Contidos

  • Aspectos fundamentais dunha folla de cálculo. Conceptos xerais.
  • Desenvolvemento dunha folla.
  • Formato e presentación dunha folla de cálculo.
  • Gráficos.
  • Lista de datos.
  • Funcións dunha folla de cálculo.
  • Imágenes y gráficos.
  • Comunicación con otros programas.
  • Bases de datos y filtros.

Actividades

  • Elaborar documentos mediante aplicacións ofimáticas de folla de cálculo.
  • Deseñar plantillas de cálculo para diferentes aplicacións.
  • Mostrar os datos dunha folla mediante gráficos representativos.
  • Crear tablas y datos dinámicos con las funciones de la base de datos.
  • Elaborar listas.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

RA3. Elabora documentos e patróns aplicando opcións avanzadas de follas de cálculo.

  • CA3.1. Personalizáronse as opcións da folla de cálculo e da barra de ferramentas.
  • CA3.2. Utilizáronse aplicacións e periféricos para introducir textos, números, códigos e imaxes.
  • CA3.3. Utilizáronse os tipos de datos e referencias para celas, rangos, follas e libros.
  • CA3.4. Aplicáronse fórmulas e funcións.
  • CA3.5. Xeráronse e modificáronse gráficos de diversos tipos.
  • CA3.6. Empregáronse macros para a realización de documentos e patróns.
  • CA3.7. Importáronse e exportáronse follas de cálculo creadas con outras aplicacións e noutros formatos.
  • CA3.8. Utilizouse a folla de cálculo como base de datos: creación de listas, filtraxe, protección e ordenación de datos.
  • CA3.9. Creáronse informes de táboas e gráficos dinámicas.

Unidade didáctica 4: Elaboración de presentacións. (PowerPoint e OpenOffice.org.Impress).

Obxectivos didácticos

  • Coñecer os elementos fundamentais dunha aplicación de presentación.
  • Saber desenvolver unha presentación.
  • Manexar os distintos tipos de diapositivas.
  • Manexar o deseño dunha diapositiva.
  • Saber crear obxetos gráficos.
  • Coñecer os distintos tipos de efectos de animación e transición.
  • Saber empaquetar unha presentación para CD-ROM ou DVD

Contidos

  • Conceptos fundamentais dunha aplicación de elaboración de presentacións.
  • Creación de presentacións.
  • Gardar e abrir unha presentación.
  • Tipos de diapositivas.
  • Insertar e eliminar diapositivas.
  • Ocultar, cambiar deseño, duplicar unha diapositiva.
  • Mover e copiar diapositivas dunha presentación a outra.
  • Táboas e organigramas.
  • Crear obxetos gráficos.
  • Efectos de animación e transición.
  • Empaquetar para CD-ROM ou DVD.

Actividades

  • Elaborar documentos mediante aplicacions ofimáticas de presentacións.
  • Crear presentacións cun deseño óptimo e correcto impacto visual.
  • Insertar axeitadamente as animacións e transicións nas distintas diapositivas.
  • Importar obxetos doustras aplicacións como imaxes, vídeo ou son.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

RA3. Elabora presentacións multimedia aplicando normas básicas de composición e deseño.

  • CA3.1. Identificáronse as opcións básicas das aplicacións de presentacións.
  • CA3.2. Recoñecéronse os tipos de vista asociados a unha presentación.
  • CA3.3. Aplicouse e recoñeceuse a tipografía e as normas básicas de composición, deseño e uso da cor.
  • CA3.4. Creáronse presentacións.
  • CA3.5. Deseñáronse patróns de presentacións.
  • CA3.6. Utilizáronse periféricos para executar presentacións.

Unidade didáctica 5: Bases de datos.

Obxectivos didácticos

  • Utilizouse o SGBDR Microsoft Access ou Base de OpenOffice para deseñar unha base de datos.
  • Definíronse as táboas, identificose os tipos de datos máis adecuados, establecido a clave principal ou primaria, así como tamén as propiedades dos campos das táboas. Ademais, creáronse as relacións entre as táboas.
  • Deseñouse de forma eficaz consultas de selección, eliminación e actualización, utilizando para iso vísta deseño do SGBDR Microsoft Access ou Base de OpenOffice.
  • Empregouse axeitadamente o asistente de Microsoft Access ou de Base de OpenOffice para o deseño de formularios e informes.
  • Creáronse macros mediante o método de gravación e, posteriormente executalas.

Contidos

  • Introducción os Sistemas Gestores de Bases de Datos.
  • Elementos das Bases de Datos Relacionais.
  • Bases de datos ofimáticas.
  • Consultas.
  • Forumularios.
  • Informes.
  • Macros.

Actividades

  • Identificar as características dos sistemas xestores de bases de datos (SGBD).
  • Identificar as características dos obxectos utilizados nunha base de datos relacional.
  • Instalar o SGBD relacional de Microsoft Access e o OpenOffice Base.
  • Crear unha base de datos.
  • Deseñar táboas e identificar os tipos de datos.
  • Xerar as relacións entre táboas.
  • Deseñar consultas de selección, de actualización e de eliminación.
  • Deseñar formularios e informes a partir do asistente de Microsoft Access e OpenOffice Base.
  • Crear e executar convenientemente macros.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

RA4. Elabora documentos con bases de datos ofimáticas aplicando operacións de manipulación de datos.

  • CA4.1. Identificáronse os elementos das bases de datos relacionais.
  • CA4.2. Creáronse bases de datos ofimáticas: táboas e relacións entre estas.
  • CA4.3. Utilizáronse as táboas da base de datos (para inserir, modificar e eliminar rexistros).
  • CA4.4. Utilizáronse asistentes na creación de consultas, formularios e informes.
  • CA4.5. Realizouse procura e filtraxe sobre a información almacenada.
  • CA4.6. Creáronse e utilizáronse macros.

Unidade didáctica 6: Xestión de correo e axenda electrónica.

Obxectivos didácticos

  • Describíronse os elementos que compón un correo electrónico.
  • Analizáronse as necesidades básicas de xestión de correo e axenda electrónica.
  • Configuráronse distintos tipos de contas de correo electrónico.
  • Conectáronse e sincronizáronse axendas do equipo informático con dispositivos móbiles.
  • Operouse co caderno de direccións.
  • Traballouse con todas as opcións de xestión de correo electrónico (etiquetas, filtros, cartafois, entre outros).
  • Utilizáronse opcións de axenda electrónica.

Contidos

  • Introducción o correo e a axenda electrónicos
  • Entorno de traballo de: Microsoft Office Outlook 2003, Mozilla Thunderbird e Mozilla Sunbird.
  • Xestión do correo.
  • Plantillas e firmas corporativas.
  • A libreta de direccións, contactos.
  • Listas de distribución, grupos de noticias.
  • Xestión da axenda.
  • Sincronización con dispositivos móbiles.

Actividades

  • Coñecer a utilidade e finalidade do correo electrónico.
  • Recoñecer os protocolos utilizados en correo electrónico.
  • Saber cal é a utilidade e finalidade da axenda electrónica.
  • Conocer o contorno e a forma de utilizar o correo web.
  • Dominar o contorno de traballo dun programa de xestión de correo e axenda electrónica.
  • Configurar o contorno de traballo dun programa de xestión de correo e axenda electrónica.
  • Crear e enviar correos electrónicos con textos, fondos, imaxes, etc.
  • Organizar a axenda.
  • Saber que son e para que serven os plantillas/firmas corporativas.
  • Crear e utilizar plantillas/firmas corporativas.
  • Saber que son e para que serven os foros de noticias (news).
  • Utilizar foros de noticias (news).
  • Saber que é e para que serve o caderno de direccións.
  • Utilizar o caderno de direccións
  • Sincronizar a axenda con dispositivos móbiles.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

RA5. Realiza operacións de xestión do correo e a axenda electrónica, atendendo ás necesidades de uso para a súa configuración.

  • CA5.1. Describíronse os elementos que compoñen un correo electrónico.
  • CA5.2. Analizáronse as necesidades básicas de xestión de correo e axenda electrónica.
  • CA5.3. Configuráronse contas de correo electrónico de diversos tipos.
  • CA5.4. Conectáronse e sincronizáronse axendas do equipamento informático con dispositivos móbiles.
  • CA5.5. Operouse co caderno de enderezos.
  • CA5.6. Traballouse con opcións de xestión de correo electrónico (etiquetas, filtros, cartafoles, etc.).
  • CA5.7. Utilizáronse opcións de axenda electrónica.

Unidade didáctica 7: Manipulación de imáxes.

Obxectivos didácticos

  • Identificar as opcións básicas das aplicacións de edición de imaxes.
  • Analizár os distintos formatos de imaxes.
  • Realizar a adquisición de imaxes con periféricos.
  • Traballar con imaxes a diferentes resolucións, segundo a súa finalidade.
  • Empregar ferramentas para a edición de imaxe dixital.
  • Importar e exportar imaxes en diversos formatos.
  • Utilizar un dispositivo de adquisición de datos, tal como un escáner ou unha cámara de fotos dixital.
  • Respetar o dereito de autor das imaxes publicadas en Internet.

Contidos

  • Formatos e resolución de imaxes.
  • Periféricos. Adquisición de imaxes.
  • Importación e exportación de imaxes.
  • Edición de imaxes.
  • Gimp.Tratamento de imaxes.

Actividades

  • Coñecer a utilidade e finalidade dos programas de edición de imaxes.
  • Analizar as posibilidades de distintos programas.
  • Aplicar técnicas de captura de imaxes.
  • Coñecer o contorno de traballo dun programa de edición de imaxes.
  • Configurar o contorno de traballo dun programa de edición de imaxes.
  • Modificar as cores dunha imaxe.
  • Saber inserir, seleccionar, agrupar, desagrupar, mover, virar, voltear e duplicar imaxes.
  • Modificar o tamaño e a resolución dunha imaxe.
  • Saber que son e para que serven os distintos formatos de imaxes.
  • Coñecer as diferenzas entre unha imaxe vectorial e unha imaxe Bitmap.
  • Saber exportar e importar imaxes entre distintos formatos.
  • Saber exportar e importar imaxes de distintas resolucións.
  • Imprimir imaxes en distintos tamaños.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

RA1. Manipula imaxes dixitais aplicando técnicas básicas de captura e de edición.

  • CA1.1. Analizáronse os formatos de imaxes.
  • CA1.2. Recoñeceuse a necesidade dos formatos de compresión con perdas.
  • CA1.3. Realizáronse capturas de pantallas.
  • CA1.4. Realizouse a adquisición de imaxes con periféricos.
  • CA1.5. Traballouse con imaxes a varias resolucións, segundo a súa finalidade.
  • CA1.6. Analizáronse aplicacións de edición de imaxes.
  • CA1.7. Empregáronse ferramentas de edición de imaxe dixital.
  • CA1.8. Importáronse e exportáronse imaxes en diversos formatos.

Unidade didáctica 8: Manipulación de Vídeos.

Obxectivos didácticos

  • Identificar as opcións básicas das aplicacións de edición de vídeo.
  • Analizar os distintos formatos de vídeos.
  • Recoñecer os elementos que compón unha secuencia de vídeo.
  • Esstudar os tipos de formatos e códecs máis empregados.
  • Importar e exportar secuencias de vídeo.
  • Capturar secuencias de vídeo con recursos adecuados.
  • Elaborar vídeos tutoriales.
  • Realizar a adquisición de vídeos con periféricos.
  • Empregar distintas ferramentas para a edición de vídeo dixital.
  • Respeto polo dereito de autor dos vídeos publicados en Internet.

Contidos

  • ¿Qué é un vídeo?. Métodos de adquisición.
  • Dispositivos de captura de vídeo. A cámara de vídeo.
  • Software de edición de vídeo.
  • Formatos e Códecs de vídeos.
  • Elementos dunha secuencia de vídeo.
  • Traballando con audio e vídeo conxuntamente.

Actividades

  • Saber facer un vídeo.
  • Coñecer a utilidade e finalidade dos programas de edición de vídeos.
  • Analizar as posibilidades de distintos programas.
  • Aplicar técnicas de captura de vídeos.
  • Coñecer o contorno de traballo dun programa de edición de vídeos.
  • Configurar o contorno de traballo dun programa de edición de vídeos.
  • Identificar as distintas partes dun vídeo.
  • Crear vídeos tutoriales.
  • Saber inserir texto, transicións e efectos ás secuencias de vídeo.
  • Saber que son e para que serven os distintos formatos de vídeos.
  • Saber exportar e importar vídeos entre distintos formatos.
  • Coñecer os distintos códecs de vídeos.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

RA2. Manipula secuencias de vídeo aplicando técnicas de captura e de edición básicas.

  • CA2.1. Recoñecéronse os elementos que compoñen unha secuencia de vídeo.
  • CA2.2. Identificáronse os tipos de formatos e codecs máis empregados.
  • CA2.3. Instaláronse codecs no sistema e configuráronse para o seu uso.
  • CA2.4. Analizáronse as posibilidades de diversas aplicacións específicas.
  • CA2.5. Importáronse e exportáronse secuencias de vídeo.
  • CA2.6. Importáronse pistas de audio e sincronizáronse coas secuencias de vídeo.
  • CA2.7. Aplicáronse transicións e efectos sinxelos.
  • CA2.8. Realizáronse conversións de formato en secuencias de audio e vídeo.
  • CA2.9. Traballouse con distintos formatos e diferentes taxas de compresión, en función da finalidade especificada.
  • CA2.10. Realizáronse capturas de secuencias da pantalla utilizando aplicacións específicas.
  • CA2.11. Capturáronse secuencias de vídeo cos recursos axeitados.
  • CA2.12. Elaboráronse vídeos titoriais.

Unidade didáctica 9: Procedimentos de diagnósticos e resolución de problemas. Técnicas de soporte

Obxectivos didácticos

  • Identificar as incidencias causadas polo uso incorrecto da aplicación.
  • Saber realizar un informe de incidencias.
  • Saber resolver as incidencias.
  • Manexar as copias de seguridade.
  • Saber instalar complementos.
  • Saber reinstalar os paquetes.
  • Coñecer as distintas actualizacións dos programas.

Contidos

  • Formación de usuarios.
  • Mantemento dunha aplicación.
  • Asistencia o usuario e soporte técnico.
  • Revisión e actualización.
  • Prevención, detección e solución de problemas.

Actividades

  • Diagnosticar e resolver problemas de funcionamento e efectuar copias de seguridade de aplicacions ofimáticas.
  • Asesorar na implantación dun novo paquete software.
  • Valorar a compatibilidade entre o software a instalar e o hardware que se ten.
  • Dar soporte técnico ante unha incidencia no software.
  • Salvagardar a información e efectuar a sua recuperación.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

RA4. Ofrece apoio no uso de aplicacións e resolve as incidencias que se presenten.

  • CA4.1. Elaboráronse guías visuais cos conceptos básicos de uso dunha aplicación.
  • CA4.2. Identificáronse problemas relacionados co uso de aplicacións ofimáticas.
  • CA4.3. Utilizáronse manuais de usuario para instruír no uso de aplicacións.
  • CA4.4. Aplicáronse técnicas de asesoramento no uso de aplicacións.
  • CA4.5. Realizáronse informes de incidencias.
  • CA4.6. Aplicáronse os procedementos necesarios para salvagardar a información e a súa recuperación.
  • CA4.7. Utilizáronse os recursos dispoñibles para arranxar incidencias (documentación técnica, axudas en liña, soporte técnico, etc.).
  • CA4.8. Arranxáronse as incidencias no tempo adecuado e co nivel de calidade esperado.

Contidos mínimos

Os contidos mínimos recóllense da análise do decreto base e do título e para o módulo de aplicacións informáticas:

  • Seleccionar, instalar e configurar as ferramentas ofimáticas adecuadas segundo os requirimentos e o sistema.
  • Personalizar o contorno de traballo das mencionadas ferramentas.
  • Elaboración de documentos e manuais mediante procesadores de texto e follas de cálculo.
  • Deseño de táboas mediante procesadores de texto e follas de cálculo.
  • Deseño de documentos cun formato específico.
  • Coñecemento da capacidade dun procesador de texto e folla de cálculo.
  • Emprego da axuda das ferramentas ofimáticas.
  • Emprego de combinación de correspondencia con procesadores de texto.
  • Deseño de formularios con procesadores de texto.
  • Impresión de documentos desenvolvidos coas ferramentas ofimáticas.
  • Importación e exportación de documentos desenvolvidos coas ferramentas ofimáticas.
  • Deseño e creación de manuais con procesadores de texto e follas de cálculo.
  • Deseño e creación de macros con procesadores de texto e follas de cálculo.
  • Definición e traballo con rangos en follas de cálculo.
  • Localización e emprego de fórmulas e funcións en follas de cálculo.
  • Creación e formateo de gráficos en follas de cálculo.
  • Manexo de debuxos e imaxes en procesadores de texto e follas de cálculo.
  • Creación de bases de datos en follas de cálculo.
  • Creación de presentacións, podendo incluír nelas: táboas, gráficos, imaxes, debuxos, sons, vídeos
  • Creación de calquera tipo de presentación.
  • Intercambio de datos con outras aplicacións mediante programas de aplicacións.

Metodoloxía

Temporalización

Avaliación

Instrumentos de avaliación

  • Actividades, prácticas, probas, etc. que se usarán para realizar a avaliación do alumnado seguindo os criterios de avaliación
  • Establecer a súa correspondencia no posible cos criterios de avaliación

Sistemas de cualificación

  • Explicar como se obterá a cualificación do alumnado, asignando puntos aos distintos instrumentos de cualificación
  • Importante deixar un porcentaxe da nota que se pode baixar en caso de mal comportamento, mal uso ou deterioro intencionado do material, etc.

Plan extraordinario de avaliación

  • Procesos para a avaliación do alumnado que perda o dereito á avaliación continua ou non supere o plan ordinario de avaliación

Actividades de recuperación

  • Tanto para alumnos que teñan pendente o módulo nos módulos de 1º curso como para os que suspendan na 2ª avaliación nos módulos de 2º

Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais

Durante o desenvolvemento do curso prestarase especial atención ao alumnado que presente necesidades educativas especiais ou algún grao de discapacidade, mediante unha secuenciación diferenciada das unidades didácticas, a realización dun maior número de actividades graduadas en dificultade e poñendo á súa disposición os recursos necesarios para a consecución dos obxectivos didácticos fixados nas distintas unidades.

Seguimento e avaliación da programación

No desenvolvemento do curso, farase uso de diversos mecanismos para facer un seguimento e avaliación do planificado na presente programación:

  • De xeito continuo, o profesor avaliará na clase a medida en que o alumnado acada de forma xeral os obxectivos fixados nas distintas unidades didácticas. En consecuencia, poderase decidir incidir en determinados contidos e/ou actividades, aumentando se se considera necesario o número de sesións adicadas a unha determinada unidade.
  • Ao remate de cada trimestre, o alumnado cubrirá unha enquisa na que valorará diversos aspectos do desenvolvemento do módulo, como a metodoloxía utilizada, as actividades realizadas, os recursos usados, os contidos expostos, etc. O resultado destas enquisas serán utilizados para aplicar as correccións que se consideren oportunas no propio desenvolvemento do curso, así como en vindeiros cursos académicos.
  • O profesor recollerá a temporalización real das distintas unidades didácticas, co obxectivo de poder corrixir no propio curso os desfases detectados fronte a temporalización prevista e precisar mellor a temporalización das unidades en vindeiros cursos académicos.

Materiais e recursos didácticos

Ferramentas persoais
Crear un libro