Transmisión e comunicación

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 22:12, 11 setembro 2011
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Na linguaxe coloquial confúndense moitas veces as palabras comunicación e transmisión; nós distinguiremos o significado destes dous conceptos:


  • Transmisión: A transmisión é o proceso polo que se transportan os sinais dun lugar a outro. Os sinais son entidades de natureza diversa que se manifestan como magnitudes físicas, principalmente electromagnéticas e mecánicas: luminosas, eléctricas, magnéticas, acústicas, etc.


  • Comunicación: A comunicación é o proceso polo que se transporta información, sabendo que esta información viaxe sobre un sinal que se transmite. Así, a comunicación se define como a transmisión de sinais mediante un código común ó emisor e ó receptor.


Polo tanto, a comunicación conleva transmisión, pero non á inversa.


Por exemplo, na comunicación telefónica se realiza unha transmisión, na que interveñen dous tipos de sinais: a voz xenera unha onda de presión de natureza mecánica, e este sinal debe ser convertido en impulsos eléctricos dunhas características determinadas por medio dun micrófono. O sinal eléctrico é transportado (transmitido) por unhas liñas de transmisión que proporcionan as compañías telefónicas. Unha vez que o sinal eléctrico alcanza o seu destino, convértese de novo nunha onda de presión semellante á orixinal mediante o auricular do teléfono receptor.

Ferramentas persoais
Crear un libro