Ethernet
De Wiki do Pazo da Mercé
A versión orixinal de Ethernet aparecida no ano 1975 na no Centro de Investigación de Xerox estaba deseñada como un sistema de 2.94 Mbps para conectar uns 100 equipos sobre un cable de 1 quilómetro. A Ethernet de Xerox tivo tanto éxito que Xerox, Intel Corporation e Digital Equipment Corporation deseñaron un estándar para Ethernet a 10 Mbps. Dentro do modelo OSI, a especificación Ethernet cubre funcións dos niveis físico e de enlace de datos. Dentro do proxecto 802, Ethernet é a especificación 802.3 de IEEE.
Co paso do tempo, Ethernet converteuse no medio de acceso máis utilizado para redes de área local. Ethernet é un estándar que non pertence a ningunha industria, e que tivo unha gran aceptación polos fabricantes de hardware de rede.
Ethernet baséase nunha comunicación banda base cunha topoloxía lóxica en bus, con velocidades actualmente de 10, 100 Mbps, 1 Gbps (dende o ano 1998) e ata 10 Gbps (dende o ano 2003) e utiliza CSMA/CD para regular o segmento de cable principal.
Aspectos básicos
Características básicas de Ethernet
- Topoloxías: Lóxica en bus e física en bus ou en estrela.
- Tipo de arquitectura de comunicación: Banda base (normalmente).
- Método de acceso: CSMA/CD.
- Especificación: IEEE 802.3.
- Velocidade de transferencia: 10 Mbps, 100 Mbps, 1Gbps ou 10 Gbps.
- Tipo de cable: UTP e STP.
Ethernet divide os datos en tramas, que poden ter entre 64 e 1.518 bytes, pero a propia trama Ethernet necesita utilizar ao menos 18 bytes; así pois, o tamaño dos datos dunha trama Ethernet está entre 46 e 1.500 bytes. Cada trama contén información de control e ten a mesma estrutura básica.
Por exemplo, a trama Ethernet II utilizada por TCP/IP que se transmite a través da rede, consta das seccións que aparecen na seguinte figura:
- Preámbulo: Indica o comezo da trama.
- Destino e orixe: As direccións de orixe e destino, de 6 bytes cada unha.
- Tipo: Úsase para identificar o protocolo do nivel de rede utilizado, normalmente, IP.
- Comprobación de redundancia cíclica (CRC): Campo de comprobación de erros para determinar se a trama chegou libre de erros.
Os estándares IEEE
As redes Ethernet incluen unha variedade de alternativas de cableado e técnicas de transmisión, definidas cunha nomenclatura establecida, que ten o seguinte significado:
<Capacidade en Mbps><sinalización><lonxitude máxima do segmento en hectómetros ou tipo de cable se non é coaxial>
| Cableado | Velocidade de transmisión | |||
| 10 Mbps (Ethernet) | 100 Mbps (Fast Ethernet) | 1 Gbps (Gigabit Ethernet) | 10 Gbps (10 Gigabit Ethernet) | |
| Coaxial fino | 10BASE-2 | - | - | - |
| Coaxial groso | 10BASE-5 | - | - | - |
| Par trenzado | 10BASE-T | 100BASE-T4 | 1000BASE-T | 10GBASE-T |
| 100BASE-TX | ||||
| Fibra óptica | 10BASE-F | 100BASE-F | 1000BASE-F | 10GBASE-SR |
| 10GBASE-LR | ||||
| 10GBASE-ER | ||||
| 10GBASE-SW | ||||
| 10GBASE-LW | ||||
| 10GBASE-EW | ||||

