Token ring
De Wiki do Pazo da Mercé
A arquitectura Token Ring foi desenvolvida a mediados dos oitenta por IBM. Xogou un papel moi importante no mercado das redes de área local, pero a súa popularidade descendeu enormemente en favor de Ethernet. Está baseado na Arquitectura de Sistemas en Rede (SNA), que foi a arquitectura de rede de IBM.
Token Ring correspóndese co estándar IEEE 802.5. As súas características principais son:
- Topoloxía física do cableado en estrela usando unha MAU.
- Topoloxía lóxica en anel, método de acceso de paso de testigo.
- Cableado de par trenzado apantallado e sen apantallar (Tipos 1, 2 e 3 de IBM).
- Velocidades de transferencia entre 4 e 16 Mbps.
- Transmisión banda base.
- Lonxitude máxima do segmento de cable de entre 45 e 400 metros, dependendo do cable.
O formato básico da trama de datos de Token Ring consta de cabeceira, datos e final.
O hardware para redes Token Ring está baseado nunha MAU que é a que forma o anel. Unha rede Token Ring pode ter varios MAUs. O cableado que se utiliza para conectar os equipos aos hubs é STP ou UTP, aínda que tamén o cable de fibra óptica é especialmente apropiado para redes Token Ring.

