Clases de redes segundo o seu tamaño
De Wiki do Pazo da Mercé
Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 07:49, 20 agosto 2008
En función do tamaño dunha rede, a podemos clasificar nun dos seguintes grupos:
- LAN (local area network): Comunican un conxunto de ordenadores colocados nunha área xeográfica reducida (aulas, edificios, campus). Na súa construción úsanse liñas de comunicación privadas. Dado que o seu tamaño é restrinxido, o tempo de transmisión no peor dos casos é coñecido. As velocidades de transmisión que proporcionan son elevadas, xa que o máis habitual é que sexan de 100 Mbps (megabits por segundo), aínda que se poden atopar velocidades dende 10 Mbps (en redes antigas) ata 1Gbps (en redes modernas de altas prestacións).
Una LAN pode ser moi simple (dous equipos conectados cun cable) ou complexa (centos de equipos e periféricos conectados dentro dunha gran empresa).
- WAN (wide area network): Abarcan áreas xeográficas tan grandes coma un país ou como o mundo enteiro (Internet). Usan liñas públicas para a súa conexión. Unha WAN consta de varias LANs e ordenadores interconectados. Podemos ver Internet como a WAN suprema. Unha internet é unha rede de redes vinculadas por ruteadores (Internet é un exemplo dunha internet).
Imaxe
- MAN (metropolitan area network): Cubren un área xeográfica restrinxida a unha cidade. Xeralmente unen varias LANs mediante liñas públicas ou privadas.
