Envío de datos rede. Segmentación en paquetes
De Wiki do Pazo da Mercé
Inicialmente, pódese pensar que os datos se envían desde un equipo a outro como unha serie continua de uns e ceros. Pero en realidade, os datos divídense en paquetes pequenos e manexables, cada un dividido coa información esencial para ir desde o orixe ata o destino.
Utilizaremos o termo paquete para facer referencia a “unha unidade de información transmitida como unha entidade desde un dispositivo a outro da rede”. Os paquetes son bloques básicos que constitúen a comunicación de datos pola rede.
Normalmente os datos residen nos ordenadores como ficheiros de gran tamaño. En cambio, as redes non poderían funcionar se os equipos colocasen á vez grandes cantidades de datos na rede. Un equipo que envíe grandes cantidades de datos fai que outros equipos teñan que esperar mentres se transmiten os datos. Esto non sería “compartir”, senón “monopolizar a rede”. Hai dúas razóns polas que a colocación de grandes bloques de datos no medio ralentiza a rede:
- As grandes cantidades de datos enviados como un único bloque colapsan a rede e fan imposible a interacción e comunicación apropiada debido a que un equipo está desbordando o medio con datos.
- O impacto da retransmisión de grandes bloques de datos en caso de erros na transmisión multiplica o tráfico da rede.
Sen embargo, a transmisión en forma de paquetes tamén complica o proceso de comunicacións, xa que o envío e recepción dunha mensaxe implicará os seguintes pasos:
- División e envío dos datos orixinais en pequenos paquetes (Segmentación).
- A reorganización dos datos na orde apropiada cando cheguen ó seu destino.
- A comprobación de erros unha vez que se reorganizaron os datos.
Os paquetes poden conter datos de varios tipos, incluíndo:
- Información, como mensaxes ou ficheiros.
- Certos tipos de datos de control e comandos, como peticións de servizo.
- Códigos de control de sesión, como a corrección de erros, que indica a necesidade dunha retransmisión.
Os compoñentes dun paquete agrúpanse en tres seccións: cabeceira, datos e final.
Como norma xeral, a cabeceira inclúe:
- Un sinal de alerta que indica que o paquete se está transmitindo.
- A dirección MAC do orixe.
- A dirección MAC do destino.
A parte de datos describe os datos que se están enviando actualmente. Dependendo da rede, esta parte do paquete ten un tamaño variable. A sección de datos na maioría das redes varía entre 512 bytes e 4 KB. Polo tanto, para realizar a transmisión dun ficheiro grande, haberá que enviar moitos paquetes.
O final do paquete soe ter un compoñente de comprobación de erros baseado no código de redundancia cíclica (CRC).
Os paquetes xenerados e manipulados no nivel de enlace denomínanse tramas.

