Introdución ao nivel de transporte
De Wiki do Pazo da Mercé
Os niveis de transporte e aplicación son os niveis superiores de TCP/IP. Estes niveis están xa moito máis orientados ós obxectivos da rede, mentres que os niveis inferiores tiñan como obxectivo conseguir a conectividade entre os elementos da rede.
Así, o nivel de transporte ten como función principal o de proporcionar, utilizando os servizos que lle da o nivel de rede, unha conexión fiable entre os programas que se executan en distintos ordenadores. Por outro lado, o nivel de aplicación ten o obxectivo de proporcionar ao usuario unha aplicación software a través da rede, como pode ser o correo electrónico, navegación por servidores web, descarga de ficheiros, etc. Na capa de aplicación impleméntanse os protocolos necesarios para que estes programas de rede funcionen.
O nivel de transporte opera sobre o nivel de rede, e polo tanto é o nivel máis baixo que manexa unha comunicación extremo a extremo, xa que o nivel de rede ocúpase da retransmisión e o enrutamento dos paquetes cando os equipos que se comunican non están conectados directamente.
