Comandos de rede en Windows

De Wiki do Pazo da Mercé

Revisión feita por 79.157.125.0 (Conversa) ás 19:23, 6 marzo 2009

Índice

Comandos para testear a conectividade de rede

PING

  • Descrición: Detecta se hai conexión con outro equipo enviando paquetes ICMP
  • Sintaxe:
ping [-t] [-a] [-n Count] [-l Size] [-f] [-i TTL] [-v TOS] [-r Count] [-s Count] [{-j HostList | -k HostList}] [-w Timeout]
[TargetName]
  • Opcións principais:
-t: Envía peticións de ping de xeito ininterrumpido ata que se pulse ctrl-C. Por defecto, ping fai 4 peticións e para
-n: Permite indicar o número de peticións de ping que queremos facer
-w: Permite indicar o tempo en milisegundos que se espera pola resposta dunha petición de ping, antes de provocar un “Timeout”.
    O valor por defecto é 4000 (4 segundos)

TRACERT

  • Descrición: Mostra a ruta que segue un paquete para chegar ao seu destino
  • Sintaxe:
tracert [-d] [-h MaximumHops] [-j HostList] [-w Timeout] [TargetName]
  • Opcións principais:
-h: Permite indicar o número máximo de saltos que queremos dar. Por defecto establece un máximo de 30 saltos

PATHPING

  • Descrición: Similar a tracert, mostra a ruta a outro equipo mediante pings
  • Sintaxe:
pathping [-n] [-h MaximumHops] [-g HostList] [-p Period] [-q NumQueries [-w Timeout] [-T] [-R] [TargetName]


Comandos para a configuración da rede

IPCONFIG

Descrición: Mostra información dos interfaces de rede e a configuración IP do equipo, e permite refrescar a configuración de DHCP e de DNS Sintaxe: ipconfig [/all] [/renew [Adapter]] [/release [Adapter]] [/flushdns] [/displaydns] [/registerdns] [/showclassid Adapter] [/setclassid Adapter [ClassID]] Opcións principais: /all: Mostra a información completa de todos os interfaces de rede activos da máquina e información global do equipo. Por defecto, só mostra a dirección IP, máscara e porta de enlace predeterminada para cada adaptador /renew: Refresca as direccións IP obtidas por DHCP de todos os interfaces de rede configurados por DHCP ou do interfaz indicado, se está configurado por DHCP

Crear un libro