O firewall en Linux
De Wiki do Pazo da Mercé
Revisión feita por Antonio (Conversa | contribucións) ás 22:12, 9 marzo 2009
Funcións do firewall
O servizo de firewall encárgase de decidir cando se aceptan ou se rexeitan os paquetes que o equipo recibe dende a rede.
Dentro do propio kernel de Linux, o servizo de iptables/netfilter permite o establecemento de regras de filtrado para a restricción no envío e recepción de paquetes de rede, así como o enmascaramento ou traducción de direccións (NAT).
Iptables ofrece o comando iptables para a manipulación das regras de filtrado no núcleo, pero shorewall é un módulo que ofrece un interfaz máis simple para o establecemento das regras de iptables. Podemos configurar as opcións do shorewall co webmin.
