O firewall en Linux
De Wiki do Pazo da Mercé
Índice |
Funcións do firewall
O servizo de firewall encárgase de decidir cando se aceptan ou se rexeitan os paquetes que o equipo recibe dende a rede.
Dentro do propio kernel de Linux, o servizo de iptables/netfilter permite o establecemento de regras de filtrado para a restricción no envío e recepción de paquetes de rede, así como o enmascaramento ou traducción de direccións (NAT).
Iptables ofrece o comando iptables para a manipulación das regras de filtrado no núcleo, pero shorewall é un módulo que ofrece un interfaz máis simple para o establecemento das regras de iptables. Podemos configurar as opcións do shorewall co webmin.
Activación e desactivación do firewall
Dende o webmin podemos desactivar o firewall para que non se impida ningún tipo de tráfico de paquetes. Esta configuración só perdurará mentras non se reinicie o equipo:
Vídeo de desactivación do firewall con webmin
