O servizo de NAT en Windows Server

De Wiki do Pazo da Mercé

Índice

Configuración do servizo de NAT

Se un servidor Windows Server está actuando como router para unha rede interna que utiliza direccións IP privadas e queremos que os equipos desta rede interna teñan acceso a Internet, deberemos habilitar o servizo de NAT para queo servidor substitúa as direccións privadas dos equipos pola súa dirección IP pública para saír a Internet.

Podemos configurar NAT no servidor dende a aplicación de enrutamento e acceso remoto.

Configuración de NAT en Windows 2008 Server

As entradas NAT estáticas

Gracias ao servizo de NAT, podemos permitir que equipos con direccións IP privadas poidan acceder a unha rede pública como por exemplo Internet. Sen embargo, o problema virá se queremos acceder dende un equipo da rede pública a un equipo da rede interna; non o poderemos facer porque dende a rede pública non podemos utilizar as direccións privadas que só existen na rede interna.

Unha opción para resolver este problema é a de crear entradas NAT estáticas, que consisten en asignar unha dirección IP pública a un equipo da rede interna, de forma que o servizo de NAT redirixirá todas as peticións entrantes que proveñan da rede pública con esa dirección IP de destino ao equipo interno especificado:

Agregar unha entrada NAT estática en Windows 2008 Server

As entradas NAT dinámicas

Coas entradas NAT dinámicas podemos permitir tamén o acceso de equipos da rede pública a rede privada sen necesidade de dispoñer unha dirección IP a maiores da rede pública. A idea é utilizar un porto do servidor NAT para redirixilo a un porto determinado da rede interna.

Esta operación faise con frecuencia nos routers, cando dicimos que “abrimos” un porto do router.

En Windows Server, podemos crear entradas NAT dinámicas dende a ferramenta de Enrutamento e acceso remoto:

Vídeo de creación de entradas NAT dinámicas

Visualizar as asignacións da táboa NAT

Na táboa de asignacións de NAT podemos ver todas as conexións que están facendo o uso do servizo de NAT, podendo ver para cada conexión a dirección IP e porto do equipos interno, do equipo que fai NAT e do equipo remoto ao que se conecta:

Vídeo de como mostrar a táboa de asignacións NAT

Ferramentas persoais
Crear un libro