Como crear cuestionarios nun curso na aula virtual

De Wiki do Pazo da Mercé

Índice

Pasos para crear o cuestionario

  • Para crear un cuestionario no noso curso, e primeiro lugar deberemos premer no botón de Activar edición:


Creación dun cuestionario: Paso 1


  • A continuación, nos colocaremos no tema dentro do curso no que queremos agregar o cuestionario (no caso da imaxe, o tema é o de As actividades: Os cuestionarios) e no despregable de Engadir unha actividade seleccionaremos a opción de Cuestionario:


Creación dun cuestionario: Paso 2


  • Accederemos á páxina de creación do cuestionario, na que podemos introducir todas as súas propiedades. Veremos por pasos as mais importantes:
    • Deberemos introducir un Nome para o cuestionario, que será o que apareza na páxina do curso.
    • Podemos escribir unha Introdución, que será unha páxina que verán os alumnos antes de empezar a responder o cuestionario. Nesta páxina podemos meter material que queremos que se consulte antes de comezar a facer o cuestionario, como enlaces a páxinas web, vídeos, etc.
    • Podemos establecer o tempo máximo (en minutos) que disporán os alumnos para resolver o cuestionario. No caso do exemplo, haberá un máximo de 10 minutos:


Creación dun cuestionario: Paso 3


    • No apartado de Mostrar hai algunhas opcións interesantes para evitar no posible que os alumnos copien entre eles cando resolven o cuestionario. Podemos dividir o cuestionario en páxinas e indicar cantas preguntas sairán en cada páxina (neste caso 3), e marcar que se barallen as preguntas entre as distintas páxinas e as respostas dentro de cada pregunta.
    • Tamén podemos indicar cantas veces poderá un alumno resolver o cuestionario (neste caso indicaremos que só o pode resolver unha vez). Tamén convén na maioría dos casos deshabilitar o modo adaptable, xa que este modo permite aos alumnos enviar a resposta de cada pregunta individualmente para ver se a resposta é correcta, e probar a meter outra resposta (para compensar, neste modo podemos indicar que penalización se aplicará ao alumno por cada erro que cometa)


Creación dun cuestionario: Paso 3


    • Por último, podemos indicar se os estudantes se lles mostra a corrección do cuestionario ou non, e en que momento. Recoméndase desactivar as primeiras opcións, como se ve na imaxe, para un estudante non vexa as respostas correctas mentras outro compañeiro aínda está facendo o exame. Deixando marcadas o segundo grupo de opcións, o alumno deberá agardar uns minutos despois de rematar para poder ver os resultados do cuestionario:
Creación dun cuestionario: Paso 3


  • Picaremos no botón de Gravar modificacións e mostrar para gardar o cuestionario e escribir as preguntas.


Engadir preguntas ao cuestionario

  • Unha vez creado o cuestionario, este estará baleiro e deberemos incluír nel as preguntas que queiramos. A idea é que iremos creando un banco de preguntas que logo poderemos meter nos cuestionarios. Na seguinte imaxe podemos ver o cuestionario que acabamos de crear aínda sen preguntas, e unha serie de preguntas xa creadas no banco de preguntas (que xa tiñamos de outros custionarios feitos noutra ocasión), que podemos engadir picando no botón coa dobre frecha cara a esquerda:


Engadir preguntas ao cuestionario


Crear preguntas

  • Se non temos as preguntas creadas teremos que crealas primeiros para poder engadilas ao cuestionario. Para facelo temos un despregable en Crear nova pregunta no que podemos seleccionar o tipo de pregunta que imos crear, e accederemos a un formulario no que teremos que introducir os datos da pregunta.
  • Sempre teremos que introducir un nome para a pregunta, que será a frase que nos permitirá identificala despois dentro do banco de preguntas. O resto dos datos dependerán do tipo de pregunta que vaiamos crear, e a continuación explícanse os datos mais importantes dos tipos de preguntas de mais interese.

Crear preguntas de escolla múltipla

  • No Texto da pregunta introduciremos a pregunta que queremos mostrar ao alumnado, que poderá incluir imaxes, vídeos, enlaces a páxinas en Internet, etc:


Crear unha pregunta de escolla múltipla


  • Poderemos indicar se só hai unha resposta posible ou se poden marcar varias respostas como correctas, e se queremos que se poidan barallar as respostas posibles se así se indica nas propiedades do cuestionario no que se inclúa esta pregunta.
  • Por último, escribiremos as posibles respostas e asignaremos a cada unha unha cualificación, normalmente Ningún ás respostas incorrectas e 100% á resposta correcta:


Crear unha pregunta de escolla múltipla


Crear preguntas de emparellamento

  • Introduciremos o enunciado no Texto da pregunta e a continuación as distintas parellas de termos relacionados. Deixaremos sempre marcada a opción de Barallar para que o sistema varíe a orde dos termos en cada ocasión:


Crear unha pregunta de emparellamento


Crear preguntas de ensaio

  • Este tipo de preguntas son de resposta libre e deberán ser avaliadas de forma manual polo profesor, así que só teremos que indicar o enunciado no Texto da pregunta.


Crear preguntas de resposta breve

  • Neste tipo de preguntas o alumno terá que introducir unha resposta e o sistema comprobará se coincide con algunha das indicadas como correctas. Será moi importante que o alumnado teña claro que hai que responder, porque o único que pode obviar o sistema é o uso de maiúsculas ou minúsculas, pero se hai outras diferenzas entre a resposta do alumno e a introducida polo profesor, non a dará por válida.
  • Ademais do Texto da pregunta, escribiremos a posible ou posibles respostas asignándolles unha cualificación do 100%:
Crear unha pregunta de resposta breve
Crear un libro