Como entrar na aula virtual do centro
De Wiki do Pazo da Mercé
- O centro conta con unha aula virtual baseada en Moodle sobre a que se poden crear cursos, colgar recursos para traballar sobre eles, realizar actividades, etc.
- Pódese acceder a ela a través do enlace á Aula virtual que se atopa na parte superior da web do centro:
- Para poder utilizar a aula virtual, teremos que iniciar sesión. Introduciremos o mesmo nome de usuario que usamos para iniciar sesión nos ordenadores do centro, e o contrasinal inicial será abc123.:
- Convén cambiar este contrasinal inicial por outro que ninguén mais coñeza. Unha vez iniciada a sesión, podemos facer clic sobre o noso nome na parte superior da páxina para acceder á páxina do perfil persoal:
- Nesta páxina, picamos no botón para cambiar o contrasinal:
- Introducimos o contrasinal actual (abc123.) e o novo dúas veces, e picamos no botón de Gardar modificacións para cambiar o contrasinal.

