Comparación entre TCP/IP e o modelo OSI

De Wiki do Pazo da Mercé

TCP/IP tivo na industria das redes de comunicacións un éxito moi importante fronte o modelo OSI. Entre as principais razóns do fracaso do modelo OSI na súa implantación podemos destacar:

  • Mal momento de introdución: O modelo OSI chegou ó mercado demasiado tarde para permitir a súa estandarización.
  • Complexidade: OSI é demasiado complexo, en gran medida porque está orientado moito ás telecomunicacións sen pensar nos ordenadores.
  • Malas implementacións.
  • Malas políticas: OSI foi visto polos investigadores e programadores como unha imposición política das institucións.

Como OSI foi definido antes de implementar os protocolos, os deseñadores non tiñan moita experiencia para saber onde se deberian ubicar as distintas funcionalidades, e outras faltan. Por exemplo, OSI orixinalmente non ofrece ningún apoio para redes broadcast; os niveis de sesión e presentación, sen embargo, teñen moi pouca utilidade.

Sen embargo, OSI tamén presenta algunhas vantaxes comparado con TCP/IP:

  • OSI define claramente diferencias entre os servizos (o que fai un nivel), as interfaces (como se pode acceder ós servizos) e os protocolos (a implementación dos servizos). TCP/IP non ten esta clara separación.
  • O nivel de interfaz de rede de TCP/IP engloba demasiadas funcionalidades, mellor repartidas nos nives físico e de enlace de OSI.
  • O modelo TCP/IP foi definido despois dos protocolos e se adecúa perfectamente a eses protocolos, pero non a outras pilas de protocolos.

Polo tanto, podemos concluir que OSI é un bo modelo de arquitectura de redes aínda que TCP/IP ofrece, sen embargo, unha boa implementación dun conxunto de protocolos, sendo ademais a mais amplamente estendida na actualidade.

En moitos casos úsase un conxunto de niveis que combina as dúas arquitecturas:

  • Nivel de aplicación
  • Nivel de transporte
  • Nivel de rede
  • Nivel de enlace
  • Nivel físico
Ferramentas persoais
Crear un libro