Configuración da rede sen fíos en Windows
De Wiki do Pazo da Mercé
En Windows configuraremos as redes sen fíos ás que nos queremos conectar dende o panel de control, e no caso de Windows Vista, dentro do Centro de rede e recursos compartidos:
Picando na opción de Conectarse a una red poderemos visualizar as redes sen fíos no ámbito do equipo para conectarnos a algunha delas. Poderemos ver que redes teñen activado algún mecanismo de cifrado e cales non, e poderemos conectarnos a calquera das redes da listaxe (en caso necesario, pediranos o contrasinal para poder acceder):
Na opción de Administrar redes inalámbricas podemos definir conexións a redes sen fíos aínda que non estean no ámbito do equipo, así como definir redes sen fíos ad hoc, sen usar ningún punto de acceso.
