Que facer se se esqueceu o contrasinal

De Wiki do Pazo da Mercé

  • Se un alumn@ esqueceu o contrasinal para iniciar sesión nos ordenadores do centro, o profesor ou profesora poderá avisar da situación ao profesorado encargado do mantemento anotando unha incidencia no libro de incidencias que se atopa na mesa do profesor nas aulas de informática e na biblioteca, na que se incluirá o nome e curso do alumn@.
  • O profesorado encargado do mantemento establecerá para ese alumn@ de novo o contrasinal inicial (abc123.) e o indicará no libro de incidencias.
  • Na mesa do profesor das aulas de informática e na biblioteca hai tamén un listaxe de todo o alumnado do centro no que se indica o nome de usuario que ten que usar cada alumn@ para iniciar sesión.
  • Se un profesor ou profesora esqueceu o contrasinal, pode falar directamente con algún dos profesores encargados do mantemento para restablecer un novo contrasinal.
Crear un libro