CARTA DUN FILLO A TODOS OS PAiS DO MUNDO

Non me deas todo o que pido.

Ás veces, só pido para ver ata canto podo coller.

Non me berres

Respétote menos cando o fas; e ensínasme a berrar a min tamén. E eu non quero facelo.

Non me deas sempre ordes.

Se en vez de darme ordes, ás veces me pediras as cousas, eu faríao máis rápido e con máis gusto.

Cumpre as promesas, boas ou malas.

Se me prometes un premio, dámo; pero tamén se é un castigo.

Non me compares con ninguén..

Se ti me fas sentir mellor cós demais, alguén vai sufrir, e se me fas sentir peor cós demais, serei eu quen sufra.

No cambies de opinión tan a miúdo sobre o que debo hacer.

Decide e mantén esa decisión.

Déixame valer por min mesmo .

Se ti fas todo por min, eu nunca poderei aprender.

Non digas mentiras diante de min, ni me pidas que as diga por ti, aínda que sexa para sacarte dun apuro.

Fasme sentir mal e perder a fe no que me dis.

Cando eu fago algo malo, non me esixas que che diga o por qué o fixen. Ás veces nin eu mesmo o sei.

Cando estás equivocado en algo, admíteo e medrará a opinión que eu teño de ti, e así tamén me ensiñarás a admitir as miñas equivocacións.

Trátame coa mesma amabilidade e cordialidade coa que tratas aos teus amigos.

Porque sexamos familia non quere dicir que non poidamos ser amigos tamén.

Non me digas que faga unha cousa e ti non a fas.

Eu aprenderei sempre do que ti fagas, aínda que non o digas. Pero nunca farei o que ti digas e non fagas.

Cando conte un problema meu, non me digas “non teño tempo”, ou ”iso non ten importancia”

Trata de comprenderme e axudarme.

E quéreme. E dimo.

A min gústame oírcho dicir, aínda que ti non creas necesario dicirmo.

VOLVER