Jacques (Jakob) Bernouilli

(1.654 - 1.705)

Suízo, de familia de orixe belga, pertenceu a unha familia de matemáticos. Traballou en Matemáticas e Astronomía en contra da opinión dos seus pais, que preferían que se dedicase á Teoloxía e á Filosofía.

Na súa obra máis coñecida, "Ars Conjectandi" publicada oito anos despois da súa morte, revisa traballos anteriores sobre probabilidade, en particular estudios de Leibniz. Describe, ademais, a Lei dos Grandes Números, como unha interpretación da probabilidade en termos de frecuencias relativas. Para iso enuncia e utiliza a Distribución Binomial.

Mais información en:

http://www-groups.dcs.st-and.ac.uk/~history/Mathematicians/Bernoulli_Jacob.html