Francis Galton
(1.822 - 1.911)
Explorador, metereólogo e antropólogo, primo de Charles Darwin, é coñecido polos seus traballos sobre intelixencia e outras características humanas. Os seus estudios influíron no desenvolvemento da Estatística, especialmente a súa demostración de que unha combinación de distribucións normais segue tamén a distribución normal.
Outra das súas contribucións foi a súa formulación da regresión e a súa relación coa normal bivariante. Ao estudar a relación entre a altura media dos pais e a altura media dos seus fillos, estableceu que esta última se aproxima á altura media da poboación, de aí o termo regresión.
Máis información en:
http://www-groups.dcs.st-and.ac.uk/~history/Mathematicians/Galton.html