Karl Friedrich Gauss

(1.777 - 1.855)

Ademais de matemático precoz, aprendeu a ler e a utilizar a aritmética aos tres anos, Gauss foi astrónomo, físico e inventor (en 1.833 construíu o primeiro telégrafo).

No ano 1.801 predixo a posición do asteroide Ceres utilizando o método de mínimos cadrados. De feito demostrou que a estimación dunha medida usando este método é óptima cando os erros nas medicións seguen unha curva que el chamou "de erros" e que nós chamamos normal ou campá de Gauss.

Máis información en:

http://www-groups.dcs.st-and.ac.uk/~history/Mathematicians/Gauss.html