Pierre Simon de Laplace

(1.749 - 1.827)

A primeira edición da súa "Teoría Analítica das probabilidades", dedicada a Napoleón, apareceu publicada en 1.812. Nela establece a súa definición de probabilidade e constrúe métodos de cálculo de probabilidades para sucesos compostos.

Retomando os estudios de Bayes, que intentou determinar a probabilidade das causas para uns efectos determinados, enuncia a regra, que moitos anos despois Poincaré denominou de Bayes. A obra contén ademais aplicacións da probabilidade tan variadas como a esperanza de vida, a duración dun matrimonio ou a existencia de erros en observacións.

Máis información en:

http://www-groups.dcs.st-and.ac.uk/~history/Mathematicians/Laplace.html