Abraham de Moivre
(1.667 - 1.754)
Matemático francés, pioneiro da Teoría da Probabilidade e da Trigonometría, emigrou a Inglaterra a raíz da expulsión dos hugonotes.
En 1.697, xa en Inglaterra, publica o libro "The Doctrine of Chances" no que estuda a influencia do azar en distintos xogos e desenvolve conceptos básicos da Probabilidade, como a independencia de sucesos.
Na súa obra "Miscellanea Analitica" publicada en 1730 aparece a chamada Fórmula de Stirling, que Moivre utiliza para obter a aproximación á distribución binomial mediante a normal.
Máis información en:
http://www-groups.dcs.st-and.ac.uk/~history/Mathematicians/De_Moivre.html