Blaise Pascal

(1.623 - 1.662)

Nacido en Clermont - Ferrand, foi un matemático precoz, que empezou a estudar Xeometría aos 12 anos e demostrou que a suma dos ángulos dun triángulo coincide con dous ángulos rectos. Á idade de 18 anos construíu a primeira máquina aritmética, chamada Pascalina, para axudar ao seu pai na súa contabilidade, xa que este era recadador de impostos en Normandía.

Na súa correspondencia con Fermat establécense os fundamentos da Teoría da Probabilidade e resólvense, entre outros, problemas como o chamado do "Cabaleiro de Méré", sobre como repartir a cantidade apostada nun xogo de dados que non chega a completarse, ou o problema de cantas veces é necesario lanzar dous dados, para poder esperar que apareza un seis dobre.

Máis información en:

http://www-groups.dcs.st-and.ac.uk/~history/Mathematicians/Pascal.html