PAAU – XUÑO 2007 * 2 ao 18 de maio : matrícula anticipada para os/as alumnos/as que aprobaron 2º de bacharelato en anos anteriores. Esta matrícula anticipada deberase presentar polos alumnos nos lerds. *25 de maio : pides na Secretaría do centro:
--- Impreso de matrícula nas PAAU e pagas na entidade bancaria 64'75 euros (se non tés ningún desconto). Familia numerosa: 35'38 euros.
--- Impreso de solicitude do título de Bacharelato para o cal pagas na entidade bancaria 47’88 euros (se non tés ningún desconto). Familia numerosa: 23’97 euros.
--- Formulario de solicitude da vía ou vías de acceso polas que concorres ás PAAU. * 28 de maio : entregas na Secretaría do Instituto a seguinte documentación:
--- Resgardo de ter abonado os prezos públicos de matrícula. (Exemplar para a Administración).
--- Resgardo de ter efectuado o depósito do título de Bacharelato. (Exemplar para a Administración).
--- Formulario de solicitude da vía ou vías de acceso debidamente cumprimentado.
--- Fotocopia do D.N.I. * 13-14-15 de xuño : DATAS DO EXAME DE SELECTIVIDADE.
--- LUGAR: Facultade de Farmacia (Santiago de Compostela).
--- REPRESENTANTE DO CENTRO: F. Javier Poch Gutiérrez.
* O que deberás levar ao exame:
--- DNI ou pasaporte.
--- Os que teñan Latín ou Grego o dicionario correspondente.
--- Os que teñan Debuxo Técnico o material necesario.
--- Os que teñan Matemáticas, Física ou Química calculadora non programable. *Recomendacións:
--- Escribir con bolígrafo ou pluma (tinta azul ou negra).
--- Non se pode firmar ningún exame nin poñer ningún símbolo que poda identificar ao/á alumno/a.
--- Hai que poñer o código de barras en todos os exames. (Os códigos de barras que vos darán antes de empezar a 1ª proba debedes gardalos os 3 días procurando non arrugalos nin doblalos). * Publicación das notas:
--- 26 de xuño a partir das 15 horas en internet ou no instituto.
--- 27 ao 29 de xuño prazo de solicitude de dobre corrección ou reclamación ás cualificacións das PAAU ata as 14 horas.Preséntanse nos LERDs.
--- 27 ao 29 de xuño: prazo de presentación de solicitudes de admisión en titulacións con límite de prazas.
--- 3 de xullo ás 19 horas: publicacións dos resultados das reclamacións.
--- 4 ao 6 de xullo: prazo para reclamacións (só para os/as alumnos/as que no 1º prazo presentaron solicitude de dobre corrección).
--- 4 de xullo: preinscripción para os alumnos que aproben despois da 1ªrevisión dos exames e 11 de xullo para os que aproben despois da 2ª revisión.
--- 10 de xullo: cualificacións definitivas a partir das 13 horas. * Recollida dos libros de cualificacións: a partir do 16 de xullo no instituto.