ies Pintor Colmeiro

Por curso

Departamentos > Tecnoloxía > Contidos mínimos

Nesta páxina tes os contidos mínimos que debes acadar para superar o curso de tecnoloxía.

1º ESO
Que hai que facer para aprobar?
Ser capaz de:

  • Comprender conceptos básicos, leis elementais e modelos primarios da tecnoloxía que lles permitan interpretar, explicar e predicir o funcionamento de obxectos e de sistemas técnicos sinxelos.
  • Resolver sinxelos problemas tecnolóxicos da vida cotiá, abordando a súa análise con autonomía e creatividade e traballando de forma ordenada e metódica para formular vías de solucións prácticas e o máis idóneas posibeis.
  • Utilizar coñecementos e destrezas técnicas para o deseño, a elaboración simulada e a avaliación de obxectos e sistemas tecnolóxicos sinxelos, manipulando materiais, ferramentas e instrumentos con seguridade e hixiene, nun contorno de traballo agradable e productivo.
  • Expresar e comunicar ideas sobre problemas comúns e solucións técnicas en situacións habituais para o alumnado, utilizando os recursos gráficos, a simboloxía e o vocabulario tecnolóxico axeitados para a suá documentación e formulación en soportes impreso e informático.
  • Desenvolver actitudes de responsabilidade, colaboración e tolerancia no traballlo en equipo para realizar pequenos proxetos tecnolóxicos sinxelos, participando activamente na toma de decisións, na execución das tarefas e na avaliación de resultados cunha disposición aberta, flexíbel e de respecto.
  • Intergrar os medios informáticos e as redes dixitais para a formlación de cuestións e proxectos tecnolóxicos sinxelos, utilizando os programas informáticos e os servizos de internet para a documentación e comunicación, a busca e a difusión da información.
  • Propiciar unha actitude de interese e curiosidade cara ás actividades e ás novas realizacións tecnolóxicas nos distintos traballos e profesións de distintos ámbitos laborais, motivando iniciativas de investigacións sobre posibeis orientacións vocacionais propias.
  • Analizar e valorar criticamente as influencias do desenvolvemento tecnolóxico sobre a humanidade e o medio ambiente, identificando as súas repercusións sobre a organización social do traballo, do tempo libre e nas actividades de lecer.

2º ESO
Que hai que facer para aprobar?
Ser capaz de:

  • Citar propiedades básicas dos metais como materiais técnicos, enumerar algunhas das súas variedades e aliaxes principais , clasificandoos e identificando as súas aplicacións técnicas máis usuais.
  • Empregar técnicas de conformación, unión e acabado da madeira e metais de forma correcta, mantendo os criterios de seguridade axeitados e un uso correcto e usando as ferramentas adecuadas e coa técnica correcta.
  • Expresar mediante vistas e perspectivas cabaleira e isométrica obxectos e sistemas técnicos sinxelos.
  • Indicar, nunha máquina complexa elemental, os mecanismos simples de trasnformación e transmisión de movementos que a compoñen, e explicar brevemente o seu funcionamento en conxunto e calcular as relacións de transmisión, no caso que proceda.
  • Identificar os elementos fundamentais dun circuíto eléctrico sinxelo de corrente continua e describir brevemente a súa función dentro del.
  • Aplicar a lei de Ohm para resolver problemas sinxelos.
  • Realizar a montaxe dun circuíto eléctrico sinxelo en corrente continua, empregando pilas, interruptores, conmutadores, resistencias, lámpadas, motores, electroimáns e relés, como resposta a un fin determinado.
  • Distinguir as partes dun motor de explosión e describir elementalmente o seu funcionamento.
  • Identificar os compoñentes fundamentais dun ordenador tipo e os seus periféricos máis comúns, explicando brevemente a súa misión no conxunto.
  • Realizar pequenos informes sobre as tarefas e os traballos técnicos desenvolvidos, utilizando o ordenador para procesar textos, elaborar pequenas follas de cálculo e elaborar gráficas e debuxos sinxelos.

3º ESO
Que hai que facer para aprobar?
Ser capaz de:

  • Citar propiedades básicas dos plásticos como materiais técnicos. Enumerar algunhas das súas variedades máis utilizadas, identificándoas nos obxectos e nas aplicacións técnicas máis usuais.
  • Empregar técnicas básicas de conformación, unión e acabado cos plásticos de forma correcta, mantendo os criterios de seguridade axeitados.
  • Montar circuítos sinxelos, a partir dun esquema predeterminado, con compoñentes electrónicos como resistencias, condensadores, bobinas, díodos e transistores.
  • Identificar os elementos máis usuais que compoñen a rede eléctrica dunha vivenda tipo sinxela, tanto no seu esquema eléctrico como na propia instalación, e describir brevemente a súa función.
  • Identificar os elementos que constitúen a arquitectura física dun ordenador tipo e os procesos lóxicos que explican o seu funcionamento básico.
  • Recompilar e procesar información nun xestor de bases de datos, actualizando e modificando rexistros e táboas e creando algunha base de datos sinxela.
  • Empregar os servizos de internet para buscar información, enviar e recibir correo electrónico, contactar coa mensaxería instantánea e comunicarse por chat.
  • Describir esquemáticamente os sistemas de telefonía alámbrica, radio e televisión e os principios básicos do seu funcionamento elemental. Ter construído aplicando axeitadamente o método de proxectos algún dos medios de comunicación propostos nas actividades desta programación.
  • Identificar automatismos nalgún sistema técnico e describir elementalmente a función que desenvolven.
  • Montar, utilizando sistemas mecánicos-eléctricos e seguindo instruccións, un robot sinxelo capaz de realizar algún movemento elemental dirixido e controlado.
  • Enumerar algunha aportación da tecnoloxía ao desenvolvemento da humanidade e á mellora das condicións de vida e da saúde, identificar algún impacto singular sobre o medio ambiente producido por esa actividade tecnolóxica e formular algunha proposta para reducir os custos medio ambientais implicados, como por exemplo o aforro enerxético e o tratamento de residuos.

4º ESO:
Que hai que facer para aprobar?

  • Representar graficamente un boxecto ou mecanismo tecnolóxico sinxelo, utilizando algún programa elemental de deseño asistido por ordenador.
  • Identificar os bloques de entrada, proceso e saída dun sinxelo sistema electrónico real e describir brevemente as súas funcións elementais.
  • Montar o circuíto electrónico de control do robot seguidor de traxectorias seguindo o esquema. Interpretar correctamente o seu funcionamento.
  • Empregar a folla de cálculo Excel para o tratamento primario de información numérica.
  • Describir superficialmente os elementos básicos dunha rede sinxela de ordenadores de área local e da rede internet, e instalar, coa axuda dos asistentes respectivos, unha conexión de acceso á rede.
  • Formular unha descrición básica dos elementos e do funcionamento dun sistema de comunicación por telefonía, fixa e móbil, e vía satélite.
  • Enumerar algún fito fundamental do desenvolvemento tecnolóxico e da evolución dos obxectos e dos sistemas técnicos, sinalando algunha das súas repercusións nos ámbitos sociais e laborais.
  • Seleccionar e analizar elementalemente algunha sinxela medida, das posibeis, para favorecer o desenvolvemento sustentábel nun ámbito tecnolóxico concreto.

 

Enderezos | Mapa Web | Agradecementos | Contáctanos |1 de febreiro do 2006| IES Pintor Colmeiro