Que é o que produce máis CO2 ?
- Unha lámpada de incandescencia
- Un fluorescente
- Unha vela
Qué medio de transporte contribúe máis ao cambio climático?
- O avión
- O tren
- O barco
Cal das seguintes enerxías non se considera renovable?
- Eólica
- Solar
- Nuclear
Podería o home contribuir a reducir as emisións de CO2 ?
- Si
- Non
- Aínda se está investigando
Cal é o un dos países que emite menos dióxido de carbono?
- Francia
- Gran Bretaña
- Suecia
Que é o efecto invernadoiro?
- É a acumulación de contaminantes gasosos na atmósfera que fai que as plantas e os animais non dean asimilado osíxeno
- É o aumento da temperatura que se produce na Terra ao acumularse na atmósfera unha serie de gases como o dióxido de carbono
- É o aumento da temperatura que se produce nas vivendas debido a que están ben illadas do exterior
Que é un sumidoiro de dióxido de carbono?
- Un lugar onde se almacena dióxido de carbono
- Unha fábrica onde se recicla o dióxido de carbono
- Os lugares do planeta onde se capta dióxido de carbono da atmósfera
Ter unha lámpada accesa pensas que inflúe no cambio climático?
- Non, nunca, porque é enerxía eléctrica que non produce emisións de dióxido de carbono
- Si, porque para a produción da enerxía eléctrica dun país emítese dióxido de carbono que produce o efecto invernadoiro
- Nunca, unha lámpada non emite dióxido de carbono
Cales son os principais gases que contribúen á chuvia áceda?
- O dióxido de carbono e os CFC
- Os óxidos de nitróxeno e de xofre
- O dióxido de carbono e o dióxido de xofre
Identifica a frase incorrecta
- A enerxía pódese crear
- A enerxía só se pode transformar dun tipo noutro
- As fontes de enerxía renovables son aquelas que non se esgotarán coa súa transformación noutro tipo de enerxía
Se a enerxía non se pode crear nin destruir entón porque se fala de crise enerxética
- Porque esta afirmación non é certa, por exemplo nun alternador créase enerxía
- Porque os combustibles fósiles, que acumularon a enerxía do Sol en forma de enerxía química, esgotaranse a curto medio prazo
- Porque se quere atopar unha enerxía máis barata para que a economía vaia mellor
Cal dos seguintes NON é unha magnitude de enerxía?
- kWh
- Joule
- kW