Departamentos > Tecnoloxía > O método de proxectos.
O método de proxectos
É un método empregado na tecnoloxía para unha resolución eficaz de problemas que requiren unha solución tecnolóxica (pode ser empregado tamén para outro tipo de problemas).
O método de proxectos segue as seguintes fases (os documentos que se inclúen son os mínimos esixibeis):
1. Plantexamento do problema a resolver |
|
|
|
2. Búsqueda de información |
|
|
|
3. Deseño |
|
Realización de bosquexos explicativos indicando materiais, dimensións aproximadas e detalles relevantes do obxecto. Identificación de cada unha das pezas e escolla do material e as dimensións máis axeitadas. Realización de vistas de despece para cada peza: indicando a escala e o nome da peza (son os planos das pezas, realízase con escadra, cartabón etc) |
|
4. Planificación do traballo |
|
Planificar o traballo consiste en confeccionar un plan de acción para construir o obxecto de maneira rápida e eficaz. Para realizar unha planificación útil, deberas seguir os seguintes pasos:
|
|
5. Construción |
|
Nesta fase realizanse as distintas operacións: trazado, corte, conformación, mecanizado, unión e acabado previstas na Folla de planeamento. Para executar correctamente esta fase é preciso coñecer o uso axeitado das ferramentas e as técnicas de traballo cos distintos materiais. É fundamental coñecer as medidas de seguridade que se deben seguir en cada operación e facer que os demais no taller tamén as segan. A seguridade é responsabilidade de todos. |
|
6. Memoria |
|
| É a recopilación de todolos documentos que se empregan para a realización do proxecto, tanto para axudarnos no desenvolvemento do proxecto como para deixar constancia do método que empregamos para solucionar os problemas. | 1. Portada. 2. Índice. 3. Descrición do problema ou do produto. 4. Planos e debuxos. 5. Lista de materiais. 6. Folla de planificación. 7.Orzamento. 8. Resultado da avaliación. |
7. Avaliación e presentación |
|
| Débese avaliar: O desenvolvemento do proceso. O cumprimento das condicións iniciais do obxecto. Fanse propostas de mellora do proxecto. |
|