A Biblioteca é un lugar para a lectura, para buscar información e para o estudo. Polo tanto, hai que gardar silencio.
Está prohibido comer e beber na Biblioteca.
Todos os materiais consultados deben ser colocados onde estaban ou sen entregados ao bibliotecario.
As actividades nos ordenadores deben ser autorizadas polo bibliotecario.
A navegación por internet será igualmente supervisada. Non está permitido o uso de programas de chat nin o acceso a páxinas de contido violento, sexista, pornográfico...
PRÉSTAMOS
O préstamo será, como máximo, de 4 documentos.
MÁXIMO
DURACIÓN
LIBROS
3
15 días renovábeis
MULTIMEDIA
1
7 días non renovábeis
LIBROS + MULTIMEDIA
4
-
O préstamo de libros poderase renovar, sempre que o exemplar en cuestión non estea solicitado por outra persoa.
As enciclopedias, diccionarios e obras de consulta están excluídas do servizo de préstamo.
O atraso na devolución dos fondos sancionarase coa exclusión do lector do servizo de préstamo temporalmente. A sanción será de 1 día de suspensión por cada día de demora da devolución de cada documento.
En caso de deterioración ou extravío, o usuario está obrigado a repoñer a mesma obra ou similar, se estivese esgotada.