"COIDO O IES, É A MIÑA SEGUNDA CASA"
Rematada a campaña os grupos gañadores son:1º ESO A, 3º ESO B e 4º ESO C.
O premio suporá para estos tres grupos pasar un día no parque acuático de Cerceda.
AMBIENTACIÓN DO CENTRO.
CAMPAÑA DE LIMPEZA DO IES POBRA.
Converter o centro nunha escola ecolóxica é unha tarefa de toda a comunidade escolar: profesorado, alumnado, persoal non docente, pais e nais. O centro escolar, como lugar de aprendizaxe e convivencia, constitúe un marco inmellorable para desenvolver unha serie de prácticas que se traducirán en modelos de vida máis repectuosos co medio.
OBXECTIVOS:
Mellorar a limpeza do centro, en especial das zonas comúns, e o patio.
Facilitar un ambiente cómodo e grato de traballo e relación.
Fomentar o respecto da propiedade social do centro.
Promover a participación activa da comunidade educativa na limpeza do seu centro.
Fomentar a formación da conciencia ambiental na comunidade educativa.
Promover entre o alumnado a importancia do centro como propiedade de todos/as.
PARTICIPANTES: Toda a comunidade educativa do centro.
DATAS: Dende o 16 de Marzo-09 ata final de curso.
PREMIOS:
O primeiro premio é ter o noso instituto limpo.
Os " outros" premios concederanse en función da puntuación das aulas gañadoras (unha por cada aulario)
A C T I V I D A D E S
AULAS :
Estas actividades desenvolveranse nas sesións de titoría.
Os titores /as de cada grupo traballarán nuha sesión de titoría o tríptico :" Avanzando cara a sustentabilidade".
Deberá terse especial coidado na presenza nas aulas dun "mínimo punto limpo": caixas de reciclar e reutilizar.
Nomearán a un encargado/a de limpeza na aula (ou varios). O cargo debe ser ocupado por todos os membros do grupo.
Na última hora de cada día, (uns minutos antes de que toque o timbre) o profesor/a xunto co encargado/a da limpeza velará para que a aula quede sen papeis e que as cadeiras estean enriba da mesa (incluída a cadeira do profesor/a).
Así mesmo, teráse especial coidado en que non queden as luces acesas.
ZONAS COMÚNS:
CORREDORES: As aulas que compartan corredor "adoptarán" a limpeza por turnos. Para establecer os turnos se reunirán os titores cos delegados.
TORRE, ESCALEIRAS, PATIOS, PISTAS E ZONAS VERDES: Establecerase desde Orientación e Xefatura de Estudos un calendario que implique a todo o centro.
Temos os resultados finais da valoración das aulas.
Rematada a campaña os grupos gañadores son:1º ESO A, 3º ESO B e 4º ESO C.
O premio suporá para estos tres grupos pasar un día no parque acuático de Cerceda.
|
AULARIO I |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| AULARIO II | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| AULARIO III | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|