Eventos

Correlingua 2009

A participación do noso IES na edición deste ano do Correlingua, que se celebrou na Pobra do Caramiñal, aparece recollida n'A Tabarra Dixital a través dunha ampla galería de imaxes:

Día da Paz.

QUE É O DÍA DA PAZ paz


O "Día Escolar da Non-violencia e a Paz" (DENIP), fundado en 1964 e coñecido tamén por Día Mundial ou Internacional da Non-violencia e a Paz, celébrase o 30 de xaneiro e é unha iniciativa pioneira, non estatal, non gobernamental, non oficial, independente, libre e voluntaria de Educación Noviolenta e Pacificadora, practicada xa en escolas de todo o mundo e á que están invitados a participar os centros educativos de todos os países. Celébrase con motivo do aniversario da morte de Mahatma Gandhi, o home da “alma grande”, que coa súa loita pacífica e as súas accións de non-violencia, conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, se fixese realidade.

“Amor universal, Non-violencia e Paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a
Non-violencia é mellor que a violencia e a Paz é mellor que a guerra”. Este é a mensaxe básica que propón o “Día Escolar da Non-Violencia e a Paz” (DENIP).

Este Día defende e promove o amor universal, a non-violencia, a tolerancia, o
respecto polos Dereitos Humanos, a solidariedade e a Paz.

PERO, QUE É A PAZ?

Cando pensamos na Paz, o primeiro que se nos ocorre é a ausencia de guerra.
Pero a Paz é moito máis que iso. Vexamos primeiro? Que di o dicionario? Paz: “Estado de tranquilidade e acougo non turbado por molestias, traballos, etc./ Tranquilidade pública e especialmente, nas familias, acougo e boa correspondencia duns cos outros, en contraposición ás disensións, rifas ou preitos / Estado de nación que non está en guerra con ningunha outra. Convenio para dar fin ás hostilidades entre dúas ou máis nacións: "asinar a paz"”. Conflito:“1. Movemento máis violento dun combate. 2. Choque, ou situación permanente de oposición, desacordo ou loita entre persoas ou cousas. 3. situación en que non se pode facer o que é necesario ou en que non se sabe que facer.”

A Paz necesita doutros conceptos transversais para entenderse na súa totalidade,
necesita da tolerancia, da xustiza, da igualdade, da solidariedade, e tamén da
responsabilidade dos gobernantes, quen teñen o destino dos pobos nas súas mans, para
tomar decisións acertadas que fan o ben común. A Paz nútrese das boas intencións, da
educación, da comunicación, do compromiso, do respecto. "A Paz significa xustiza social,
igualdade, benestar, relacións xustas, cooperación, tranquilidade interior” É un concepto
que nos leva a florecer, a afrontar e resolver conflitos dun xeito non violento. A finalidade
consiste en conseguir unha harmonía da persoa en si mesma, cos demais e coa
natureza.

Debemos entender dous conceptos o de paz positiva e o de paz negativa.

Paz positiva: A paz auténtica, aquela á que hai que tender, oponse non só á
guerra senón tamén a toda discriminación, violencia ou opresión que impida un
desenvolvemento digno das persoas. A súa consecución hai que intentala en todas as
ordes da vida: na realidade social e no espazo educativo.

Paz negativa: o concepto de paz que segue vixente na actualidade, é o concepto
tradicional occidental de non-agresión; non conflitos.

CARACTERÍSTICAS DA PAZ NEGATIVA

A paz é esencialmente un concepto negativo, ao ser definido como ausencia de
conflito bélico ou como estado de non-guerra. Por iso é un concepto moi limitado, que se
definiu cada vez máis en función do fenómeno da guerra e do feito bélico, ata o extremo
de que, fóra do seu contraste coa guerra, a paz carece de contido palpable. A paz
concíbese en función de dous fenómenos:

.O mantemento da unidade e a orde interior, posición favorecedora dos intereses dominantes.
.Defensa fronte ao exterior.
En ambas as circunstancias, a capacidade de actuación fronte á paz resérvase ao
Estado. Xunto ás características anteriores, tamén podemos citar outra que aparece moi
presente na tradición popular cando se fala de paz como harmonía, como serenidade,
ausencia de conflitos.

Día da Paz 2008

I.E.S. da Pobra do Caramiñal

 


Guías didácticas dos filmes: 

 Cando o vento sopra
   Para que non me esquezas

 


POEMAS E TEXTOS EN CASTELÁN PARA AS PROPOSTAS DE PAZ

Poemas.

Rafael Alberti Mensaje de Juan Panadero al Congreso Mundial por la Paz
López Baeza Felices los que construyen la Paz
Nicolás Guillén La muralla
César Vallejo Masa
Gabriel Aresti Si por decir,
Blas de Otero A la inmensa mayoría
Blas de Otero En nombre de muchos
Rubén Darío El cortejo
José Agustín Goytisolo Soldado sí
Antonio Machado La muerte del niño herido
Antonio Machado Primavera
  Hacer un mundo nuevo

 

Textos

Decálogo para crecer en la paz

Manifiesto por una cultura de la paz y la no violencia

El credo de los rebeldes de la aldea global

Letanía para el Día de los Derechos Humanos
(Salvador de Madariaga)

No me llaméis extranjera,
World Mission Magazine
(Colombianos, Filipinas)

 

Powered by Drupal - Modified by Danger4k