Aulas de informática

Aulas de Informática.

 A maioría da xente non acaba de ter clara cal é a velocidade que ten contratada para o aceso a Internet, ou canto tempo lle vai levar descargar un ficheiro.
Non é de extrañar, tendo en conta o jaleo que se ten orixinado por utilizar distintas unidades de medida; e mesmo utilizar o nome: "mega" para dous valores ben distintos.

Escomenzemos por coñecer o "bit" que é a unidade mínima de información posible, pero tan pequena que non é moi práctica en xeral, polo que se usa o "byte" = 8 bits, que ven sendo o equivalente a un signo ou unha letra dun documento.
A principal confusión prodúcese porque a velocidade de descarga adoitase dar en bits ( debido a que a transmisión non sempre se fai en paquetes de 8 bits: ás veces é serial: bit a bit), mentras que o tamaño dos ficheiros (e polo tanto a capacidade dun disco duro, dunha memoria, etc,) suele ser en bytes.
Cando se utilizan abreviaturas bit representase con "b" e byte con "B".

Outra pequena confusión é o concepto "kilo", na linguaxe decimal ou binaria: habitualmente 1 kilo de algo serán 1.000 unidades de ese algo; pero en informática 1 kilo equivale a 1.024 unidades.
Ás veces ignóranse estas pequenas diferencias, posto que non son moi relevantes, e cóntase por múltiplos de 1.000, 0 único erro que causa é que as equivalencias poden variar lixeiramente. (Para acabar de liala, o kilobit adoitase dar como 1.000 bits, e 1 kilobyte como 1024 bytes: ver o final deste artigo.)

A publicidade dos servicios de internet faise logo contando en bits: os "megas" en este caso son megabits por segundo: Mbit/s ou Mbps, é decir 1.000.000 bits por segundo, ou 1.000 kbps. ( 1kbps = 1.000 bits/s= 125 bytes/s = 0.125 KB/s)

Pero para o tamaño dos ficheiros a unidade máis utilizada é 1 KB = 1024 bytes, ou sea 1024 * 8 = 8192 bits; así os "megas" serán 1 MB= 1.024 KB = 8.388.608 bits.

Polo tanto chamamoslle "mega" a duas cousas ben distintas: 1MBps = 8Mbps aprox.   Así que unha conexión de "2 megas" danos unha velocidade de 256 KBps (dividimos entre 8), é decir baixamos uns 256.600 caracteres dun documento cada segundo.

Con esto, se temos unha conexión de 6 "megas" poderemos descargar 6.000 Kb cada segundo, ou 6000/8 = 750 KB por segundo, o que quere dicir que unha canción de 4 MB descargaríase en 4.000/750 = 5.3 segundos, ( e non en menos de 1 segundo como pensaríamos si nos deixasemos confundir por "6 megas" e "4 megas" ).

reloj 

 Ahora xa o sabes:
no mellor dos casos
a túa conexión é
8 veces menos
do que pensabas.

Despois de aclarado todo esto, xa podemos poñernos a medir a velocidade real da nosa conexión con calquera dos "velocímetros" dispoñibles: o de R, o da Asociación de internautas, o de Telefónica ou en speedtest.

Si a velocidade é a adecuada (un 80% da nominal) pero ainda así algúns ficheiros tardan máis do que deberían, ten en conta outros aspectos:
- as líneas non sempre están a tope de rendemento,
- o servidor do ficheiro está saturado ou é lento, (intenta baixar o ficheiro dende outro servidor)
- estás baixando varias cousas á vez ou executando varias aplicacións no teu ordenador,
- ...

E, para rematar, sempre podemos axudarnos con algún xestor de descargas dos moitos que existen, como Free Download Manger,  Orbit Downloader, jDownloader ou FlashGet.



Si tes curiosidade, aquí pode ver outras unidades de medida: 

Nome   Símbolo  Binario Número de bytes   Equivale 
 kilobyte  KB   2^10  1.024  =
 megabyte  MB  2^20  1.048.576   1.024KB
 gigabyte  GB  2^30  1.073.741.824  1.024MB
 terabyte  TB  2^40  1.099.511.627.776  1.024GB
 petabyte  PB  2^50  1.125.899.906.842.624  1.024TB
 exabyte  EB  2^60  1.152.921.504.606.846.976  1.024PB
 zettabyte  ZB  2^70  1.180.591.620.717.411.303.424  1.024EB
 yottabyte  YB  2^80  1.208.925.819.614.629.174.706.176  1.024ZB

Nun intento de remediar un pouco esta caótica situación estableceuse un estandar, que de momento ainda non está moi asentado:
-a nomenclatura existente (a da táboa anterior),  pasa a asignarse ós valores decimais, é decir as unidades aumentan e diminuen de 1.000 en 1.000 (para deixar o concepto kilo=1.000); os símbolos mantéñense para os bytes: KB, MB,..., e pasan a ser Kbit, Mbit, Gbit, ... para os bits
- para as unidades en sistema binario establécense novos nomes e abreviaturas:

Nome   Símbolo  Binario   Nome   Símbolo  Binario
             
 bit  bit      byte  8 bits
 kibibit  Kibit 1024 bits    kibibyte  KiB  1.024 bytes
 mebibit  Mibit 1024 kibit    mebibyte  MiB  1.024 KiB
 gibibit  Gibit 1024 Mibit    gibibyte  GiB  1.024 MiB
 tebibit  Tibit 1024 Gibit    tebibyte  TiB  1.024 GiB
 pebibit  Pibit 1024 Tibit    pebibyte  PiB  1.024 TiB
 exbibit  Eibit 1024 Pibit    exbibyte  EiB  1.024 PiB
             



 

Podes ver outros outros contidos no blogue: http://auladeinformatica.blogaliza.org/


Powered by Drupal - Modified by Danger4k