Reclamacións en ESO e Bacharelato
O marco normativo é o punto 6.2 da Orde de 28 de agosto de 1995 (BOE do 20 de setembro) onde di: "...el alumno o sus padres o tutores podrán solicitar por escrito la revisión de dicha calificación o decisión en el plazo de dos días lectivos..."
Reclamacións para os CICLOS FORMATIVOS
Neste caso, o artigo 14º da Orde do 16 de xullo de 2002 (DOG do 13 de setembro) di: "... os alumnos ou os seus representantes legais poderan reclamar, ante a dirección do centro... nun prazo de dous días lectivos...
Así pois, os prazos de reclamación das cualificacións finais son de DOUS DÍAS LECTIVOS dende que se publican as notas (incluído o día da propia publicación).
Para cursar unha reclamación, é preciso cumprimentar a instancia ao respecto que se pode recoller na Secretaría do centro ou descargar nesta mesma páxina.
(Pinche aquí para descargar o documento de reclamación dunha nota de avaliación ou unha nota final).
Contra a resolución do Departamento acerca da reclamación, só cabe un recurso de alzada perante a administración.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| RecAval.doc | 42 KB |
| RecFinal.doc | 45.5 KB |