|
Cunha presentación áxil e clara, varios membros da Asociación AMBAR lembráronnos cales son os dereitos fundamentais das persoas que sofren discapacidade, ilustrados con diferentes creacións audiovisuais e contrastados coa difícil realidade do seu día a día. Unha magnífica oportunidade para a reflexión sensibilizadora que o alumnado soubo aproveitar. |