Novas

Aulas da natureza 2009

Actividades de convivencia e integración do alumnado participante (de 11 a 13 anos, excepcionalmente ata 16) con outros compañeiros de distintas zonas e culturas no centro de programas educativos de Viérnoles, en Torrelavega (Cantabria), durante o verán. O prazo de presentación das solicitudes nos centros remata o 20 de febreiro.

Véxase a Orde do 19 de xaneiro de 2009 pola que se convocan axudas para participar no programa de integración Aulas da Natureza 2009

Emilio Calatayud, xuiz de menores de Granada.

  • Os menores de Granada que se adican a queimar papeleiras deben traballar dous fins de semana cos bombeiros.
  • Un mozo que circulaba borracho en moto tivo que visitar a parapléxicos que se rehabilitaban de accidentes de tráfico, falar coas súas familias e facer unha redacción.
  • Un adolescente que roubaba polo método do tirón permanecerá en liberdade vixiada tres anos durante os que estudará mecánica e traballará para levar un soldo á súa casa.

Así son as sentenzas de Emilio Calatayud: instructivas, sinxelas, proporcionais e eficientes. Para él todos os rapaces necesitan unha oportunidade que está disposto a darlles.

Aquí podedes ver un vídeo en dúas partes, onde expón algunhas das súas opinións con respecto a varios temas: educación, convivencia, ...

 

 


 

 

   

 

Powered by Drupal - Modified by Danger4k