O I.E.S. de Pobra do Caramiñal está situado no concello de Pobra do Caramiñal,
que conta aproximadamente con dez mil habitantes.
Este concello pertence a unha unidade xeográfica ben delimitada: " a Península do Barbanza" e dende un punto de vista máis xeral ás "Rías Baixas.
As principais actividades económicas da poboación son as relacionadas coa pesca e coa industria conserveira. Supón tamén unha importante fonte de ingresos o sector turístico.
O alumnado provén na súa maioría do propio concello da Pobra, existindo unha alta compoñente de procedencia rural.
No que respecta á situación socioeconómica e cultural das familias do alumnado, destácase a ausencia de moitos pais de familia durante boa parte do ano por mor do traballo no mar, o que implica que as nais cumpren un papel fundamental no labor educativo dos fillos/as.
En canto á lingua empregada, o galego é a lingua maioritaria entre pais/nais aínda que descende o seu uso por parte da mocidade.