Realizado por iniciativa dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e mais das Vicedireccións de ambos os centros de ensino, este intercambio procura ampliar o coñecemento das diferentes realidades culturais e sociolingüísticas do país a través dunha serie de actos e visitas conxuntas, tanto na Pobra do Caramiñal como en Monterroso e as respectivas comarcas nas que se integran.
Para a súa preparación, empregouse a rede social propia Enredeiras. Recollemos algunhas imaxes, na nosa Galería.