As linguas minorizadas da península ibérica

Fragmento tomado de LEXISLACIÓN E ESCOLARIZACIÓN DAS LINGUAS NON DOMINANTES NO ÁMBITO IBÉRICO, de Francisco-Xavier Frías Conde (en http://www.romaniaminor.net/ianua/Torino/Torino07.pdf)

 

A Constitución Española de 1978 declara que o castelán ou español é a lingua
oficial de todo o estado, recoñecendo que as outras linguas serán cooficiais segundo os
seus estatutos de autonomía. Segundo isto, poderiamos falar dunhas linguas cooficiais
de primeira categoría, visto que os seus estatutos de autonomía as recoñecen. Son estas:
 Basco: lingua propria da Comunidade Autónoma do País Basco
 Catalán: lingua propria da Comunidade Autónoma de Cataluña
 Galego: lingua propria da Comunidade Autónoma de Galiza
Desta maneira, estas catro linguas gozan, na teoría, dos mesmos direitos que o
castelán nos seus territorios, aínda que isto, de facto, non é así. Sen embargo, as cousas
son bastante máis complexas, porque estas mesmas linguas se falan en territorios
veciños, ultrapasando as fronteiras políticas dos seus territorios históricos e o seu
estatus, daquela, cambia. A este aspecto pasamos a nos referir agora.

Catalán fóra de Cataluña
O catalán, alén de ser a lingua propria de Cataluña, é o idioma tradicional da franxa
máis occidental da Comunidade Autónoma de Aragón, a faixa costeira da Comunidade
Valenciana e mais as Illas Baleares, dentro de España.
Fóra de España, o catalán é ademais a lingua propria da comarca francesa lindeira
de Rosselló, Andorra e a cidade de l’Alguer (Alghero en italiano o S’Alighera en sardo) na illa de Sardeña.
O recoñecemento do catalán coma tal existe nas Illas Baleares, onde a variante local
está recollida no Estatuto de Autonomía.

Basco fóra do País Basco
O basco ou eusquera (euskara na propria lingua basca) é tamén a lingua propria da
franxa noroccidental da comunidade veciña de Navarra, onde tamén é recoñecida polo
seu estatuto de autonomía. Á diferenza do que acontece no País Basco, a lingua
basca en navarra ten moitos menos dereitos en todos os ámbitos.
Fálase o eusquera tamén no País Basco Francés.

Galego fóra de Galiza
O galego fálase tamén nas rexións fronteirizas con Galiza, concretamente na chamada
Terra Eo-Navia no occidente de Asturias, o Baixo Bierzo e As Portelas na Comunidade
de Castela-León e talvez nunha pequena bisbarra da provincia de Cáceres chamada Serra de Xalma.
En Castela-León, nas faixas estremeiras das provincias lindeiras de León e Zamora,
o galego é lingua propria e isto foi moi recentemente recoñecido polo parlamento de
Castela-León (2000). En Asturias, na Terra Eo-Navia, o galego non foi nin é recoñecido
como tal, apenas como unha variante lingüística chamada galego-asturiano.
Finalmente, o galego de Estremadura está recoñecido como ben de interese cultural
co nome de a fala polo goberno autónomo desa rexión tamén en 2000.

Linguas de lexislación parcial
Alén daquelas linguas históricas citadas anteriormente, existen outras áreas lingüísticas
que cómpre ter en conta. A diferenza entre estas e as que temos visto até agora é esencialmente legal.
Estas linguas son dúas:
 Aragonés: lingua propria da Comunidade Autónoma de Aragón
 Asturiano: lingua propria da Comunidade Autónoma de Asturias
Ningunha destas dúas linguas foi recoñecida coma tal nos seus estatutos de autonomía proprios.

O aranés é unha variante local do occitano falado na Val de Arán,
na provincia catalana de Lleida. Paradoxalmente, o aranés posúe estatus de
recoñecemento e goza de dereitos administrativos e educativos. De facto, é a única variante lingüística occitana, tanto en
Francia como en Italia, que posúe oficialidade.