Dentro das actividades programas co eido do ano internacional da Astronomía, o noso centro ven de participar na actividade de medición do radio da terra.

Para eso instalamos na pista polideportiva un gnomon, e ó longo da mañán fomos marcando as sombras, deixando constancia da hora da medición, e o autógrafo de quen fixo a marcación.

Con esto conseguimos os datos para establecer:
- o ángulo de elevación do sol, que resultou ser de 50º e 8´;
- establecer con exactitude a orientación Norte-Sur;
- determinar aproximadamente o mediodía solar: as 13.39 horas.

A continuación introduxemos os datos obtidos, xunto coa distancia do noso inti ó paralelo 40, no formulario da AIA-IYA2009. Cas medicións aportadas por tódolos colexios participantes fíxose o cálculo promediado do radio da Terra, conqueríndose como resultado: 5975 metros, un pouco por debaixo da medida real.




Para ampliar información:

Cómo saber a túa posición xeográfica ou como medir a distancia ó paralelo 40: cartesia.

Un pouco de historia asequible sobre as horas e o mediodía, ou donde comparar a hora civil, ca solar, a babilónica, sidérica, ...