Lennie dubidou, recuou e mirou con fereza á matagueira, coma se calculase correr á liberdade. George dixo con frieza:
-¿Vasme da-lo rato ou queres que che meta unha mocada?
-¿Darche o que, George?
-Ben sábe-lo qué, carallo. Quero o rato.
Lennie meteu a man no peto de mala gana. A voz crebóuselle un chisco.
-Non sei por qué non podo quedar con el. Non é de ninguén. Non o manguei. Atopeino tirado xusto ó pé do camiño.
George quedou coa man estendida impoñentemente. A modiño, coma un cadelo que non quere devolverlle a pelota ó seu dono, Lennie achegouse, afastouse e achegouse outra vez. George chascou os dedos con firmeza e, co son, Lennie púxolle o furelo na man.

                                                                            STEINBECK: De ratos e homes.