|
|
| Unha das
obras de Manuel Rivas que tivo tanto éxito, e que ten por un
dos protagonistas ao Dtor. Da Barca, é a última chave da
nosa clave. Nun dos capítulos, que ten por número un díxito
inferior a 12, hai un tipógrafo de Maroño que conta unha
historia sobre a Vida e a Morte. Hai quen se pon nervioso, e o
Dtor. Da Barca para calmalo explícalle que falar é... O que
é falar, ese substantivo, pecha o noso enigma, e finaliza a
nosa viaxe polos libros. |
|
SOLUCIÓN: |
M.
RIVAS, O lapis do carpinteiro, Cap. 4,
|
|
|
"esconxuro"
|
|
|
Versión
para imprimir a 8ª clave |
|
|
|
| Rafael,
que era de Rianxo e morreu na Coruña en 1981, escribiu unha
obra de teatro antes de 1930. Un dos protagonistas da obra,
que encarga un cadro, é Don Miguel. No 2º lance, a 2º vez
que a filla de Don Miguel abre a boca, remata a súa
intervención cun adxectivo. Ese precisámolo para continuar a
esclarecer o noso enigma. E para que tal enigma teña xeito,
entre a clave da semana pasada e esta, habemos de incluír o
indefinido “un”. |
|
SOLUCIÓN: |
R.
DIESTE, A fiestra valdeira
|
|
"bo"
|
|
|
Versión
para imprimir a 7ª clave |
|
|
|
|
Unha obra
narrativa en galego que ten un título en inglés. Un capítulo
desa obra, ten palabras bastante curiosas, e unha delas debe
ser das poucas que ten a mesma letra repetida 5 veces na
mesma palabra. E sérvelle ao autor para titular un capítulo!
Esa é a que necesitamos para continuar a nosa clave.
E para
que o enigma vaia tendo sentido, entre as palabras da clave
anterior e esta van uns puntos suspensivos... |
|
SOLUCIÓN: |
SÉCHU
SENDE, Made in Galiza, "SSSSSSH"
|
|
|
"SSSSSH"
|
|
|
Versión
para imprimir a 6ª clave |
|
|
|
| Un
de Noia, ao que non hai moito lle dedicaron o Día das Letras,
escribiu poemas que formaron libros, e unha vez dixo que a súa
avoa lle dixera que sempre andaba a facer torres no ar. Nun
dos seus libros recolleu as palabras da súa avoa, e onde tal
cousa escribiu hai un poema en que recorda a súa infancia e
conta que na outra banda do mar constrúen un navío. No final
dese poema hai unha anáfora (isto é, a repetición das
mesmas palabras no comezo dos versos). Necesitamos as catro
palabras que se repiten na anáfora, e con elas comezaremos a
segunda e última oración de que consta o enigma de Castalia.
|
|
SOLUCIÓN: |
A.
AVILÉS DE TARAMANCOS, As torres no ar, "Na outra
banda do mar..."
|
|
|
"Será
o meu corazón"
|
|
|
Versión
para imprimir a 5ª clave |
|
|
|
| Un
dos grandes poetas galegos da Idade Contemporánea, que naceu
onde o río Anllóns desemboca, “cabo de pinal espeso, na
pequena ....”, escribiu un libro que ten no título algo que
ver cos laios. Nese libro, hai un poema que fala do Monte
Branco, e xa no 1º verso se repite o seu nome. A palabra que
rima con Monte Branco nese poema, e que é un substantivo,
necesitámola para seguir resolvendo o noso enigma |
|
SOLUCIÓN: |
E.
PONDAL, Queixumes dos pinos, "Monte Branco"
|
|
|
"pranto"
|
|
|
Versión
para imprimir a 4ª clave |
|
|
|
|
Nun libro de
contos que escribiu un famoso autor lugués que tiña por nome
Ánxel, hai un conto que ten dúas partes (I e II), e onde un
médico chamado Don Froilán conta unha historia. O final dunha
das partes do conto é un parágrafo dunha única liña, que só ten
un verbo (que rexe preposición), e ese é o verbo e a preposición
que necesitamos para seguir completando a nosa clave.
|
|
SOLUCIÓN: |
A.FOLE,
Terra Brava, "Por us pelos"
|
|
"esquecínme
de"
|
|
|
Versión
para imprimir a 3ª clave |
|
|
|
|
Era de Verona, pero escribiron unha obra coa súa historia en inglés
alá por finais do século XVI, e agora, desde o 2003, está traducida
ao galego. Tivo unha historia de amor moi bravo que acabou moi mal
cunha moza de apelido Capuleto. Pero centrémonos na 2ª clave da
Bibliodisea. Na edición galega, cal é a última palabra que pronuncia
o protagonista, un mozo namorado de apelido Montesco, antes de
espichala, isto é, antes de finar? Esa será a que poñamos no 2º oco
da nosa mensaxe cifrada. E para que a solución do noso enigma vaia
collendo xeito, entre a clave da semana pasada e a clave desta
semana, deberemos escribir “a un”.
|
|
SOLUCIÓN: |
W.
SHAKESPEARE, Romeo e Xulieta, Ed. Galaxia, 2003
|
|
|
"bico"
|
|
|
Versión para
imprimir a 2ª clave |
|
|
|
|
O libro de contos dun autor de Mondoñedo que algo ten que ver coas
feiras no seu título, conta unha historia en que Don Felicio, que xa
morreu, escribe cartas desde o máis alá, pero non escribe moito. A
súa segunda mensaxe desde o outro mundo consta dunha soa palabra,
que debe ser a primeira da nosa serie. |
|
SOLUCIÓN: |
A.
CUNQUEIRO, Os outros feirantes, "Don Felicio escribe
desde o outro mundo"
|
|
|
"Gracias"
|
|
|
Versión para
imprimir a 1ª clave
|
|
|