Poderá participar o alumnado matriculado no curso 2008-2009 no Ies Pontepedriña en calquera das etapas educativas, de xeito individual ou colectivo (formados por un máximo de tres persoas).
Os traballos, inéditos, que versarán sobre calquera tema relacionado coa educación viaria poderán presentarse nunha das seguintes modalidades:
O traballo terá que tratar algún aspecto relacionado coa educación viaria o que inclúe calquera actividade que se conecte con algúns dos problemas relacionados co transporte, tráfico, accidentes, contaminación, ... podendo ir desde unha ilustración cun eslógan ou proposta de actuación, a descricción dunha experiencia vivida ou suposta etc.
Presentación:
Os traballos entregaranse na secretaría do centro nun sobre ou envoltorio pechado indicando CONCURSO DE EDUCACIÓN VIARIA sinalando tamén a modalidade a que corresponda xunto co nome e apelidos do autor ou autores e o título do traballo. Poderase entregar en formato dixital nun CDRom ou DVD dentro do sobre mencionado.
Premios. Concederanse os seguintes:
· Un primeiro premio común ao mellor traballo individual consistente nunha cámara de fotografía dixital
· Un primeiro premio común ao mellor traballo colectivo consistente nunha cámara de fotografía dixital para cada membro do grupo
· Seis segundos premios, dous por modalidade, consistente nun reprodutor MP3 para cada traballo.
Todos os participantes (cun máximo de 50) que acaden a xuízo do xurado un nivel mínimo visitarán o circuito de karting de Ordes no que terán un percorrido en kart.
En caso de quedar deserto un premio nunha das formas (individual/colectivo) ou nunha modalidade, poderá substituirse por outro traballo da outra forma ou doutra modalidade, neste orden.
Xurado. Os traballos serán valorados por un xurado integrado por:
· Tres membros do profesorado do centro.
· Dous membros do alumnado escollidos polo equipo de profesorado membros do Plan Valora.
Os criterios para a valoración dos traballos polo xurado serán:
· Adecuarse á convocatoria e temática, especialmente se suxire algún tipo de pauta de actuación.
· Calidade.
· Atendendo ao nivel educativo.
· Orixinalidade.
· Presentación.
Calendario:
Os traballos entregaranse na secretaría do centro con data límite de 27 de febreiro de 2009.
A resolución do xurado producirase no mes de marzo.
No
mes de abril, celebrarase un acto de entrega de premios.
Os autores dos dous primeiros premios comprométense a facer un resumo (non máis de 3 páxinas) para publicar na revista do instituto.