TEMPO XEOLÓXICO

Un xeito de ver a historia da evolución en escala temporal é a usada por Carl Sagan, usando un ano do noso tempo como referencia: 

1 de Xaneiro: comeza o universo a medianoite do 1 de xaneiro. Este instante inicial coñécese como gran explosión e a partir del créase o espazo e o tempo. 

 24 de Xaneiro: Formación da nosa galaxia, a Vía Láctea. 

9 de setembro: Fórmase o noso sistema solar.  

30 Setembro: Aparece a vida na Terra. 

17 Decembro: Aparecen os peixes e os trilobites. 

19-20 Decembro: Aparecen as plantas terrestres. 

22 Decembro: Aparecen os anfibios. 

23 Decembro: Reptiles e árbores. 

25 Decembro: Primeiros dinosauros. 

30 Decembro: Mamíferos e primates. 

31 Decembro: 22:00: Aparecen os nosos primeiros antepasados (australopitecos). 

23:58?57??: Aparece o Homo Sapiens 

ĦĦĦĦĦĦĦĦ O ser humano só viviu o último minuto deste ano cósmico !!!!!!!!! · 

A historia documentada durou os últimos 20 segundos e só transcorreron 5 desde a Grecia clásica ata agora. · Nesta escala unha vida humana dura 0.15 segundos e 1 segundo corresponde a 475 anos.