CAMPAÑA A PROL DUNHA BOA ALIMENTACIÓN:

ALIMÉNTATE E TERÁS FORZA. NOVEMBRO-DECEMBRO 2006.

A alimentación sana é unha base fundamental para unha boa saúde. Esta é necesaria para poder rendir satisfactoriamente no estudio. Por iso este ano a profesora de CCNN Pilar Fernández deseñou unha campaña para incitar a unha boa alimentación comezando polo almorzo. Nas semanas do 20 de novembro ata o 2 de decembro estivo exposta a exposición "ALMORZA E TERÁS FORZA" na que o alumnado de 4º ESO D preparou unha serie de materiais para ilustrarnos a importancia da boa alimentación nas nosas vidas.

Un elemento desta campaña incluíu a solicitude, aprobada polo Consello Escolar, de que no Bar do instituto teña diariamente distintos tipos de froita para adquirir nos recreos, sendo máis saludábeis que a maioría dos productos elaborados.

 Nas fotografías podes ver distintos momentos da montaxe e o resultado: A pirámide de productos: a mesa para almorzar, os paneis informativos...