PROXECTO RÍOS
O Instituto Pontepedriña desde o
curso 2005-2006, participa con outros centros de ensino, asociacións,
voluntariado, etc no estudio dos ríos en Galicia. A nosoutros tócanos coñecer o
estado do río Sar nun tramo de 500 metros na zona próxima ao instituto. Saímos o 14 de
novembro co grupo de 4º A e ollamos o estado do río: vexetación, colectores, lixo, e
parámetros como a temperatura, nitratos, pH, etc.