Ciclo Formativo de Grao Superior de Animación Sociocultural

Para acceder a este ciclo os estudiantes precisan ter rematado o COU ou o 2º curso de Bacharelato-LOXSE en calquera das súas modalidades. As persoas que carezan das mencionadas titulacións e que teñan máis de 20 anos poden acceder tamén superando unha proba específica. A duración do ciclo é de (durante dous cursos académicos) das que 960 son de tipo teórico e 740 de formación práctica en centros de traballo.

·        Contorno funcional: Programar, organizar, dinamizar e avaliar proxectos de intervención social dirixidos ó desenvolvemento social, aplicando técnicas de dinámica de grupos e utilizando recursos comunitarios, culturais e de lecer e tempo libre.

·        Os postos de traballo máis relevantes ós que se pode acceder co título de Técnico superior en Animación sociocultural que se obtén tras superar as dúas fases de estudios (teórica e práctica) son: Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas; técnico en animación sociocultural en institucións públicas e privadas; técnico en organización e dinamización de proxectos de intervención comunitaria; técnico en proxectos de animación de lecer e tempo libre vinculado a empresas de ocio ou en institucións públicas.

·        As competencias que desenvolven durante o ciclo distribúense en 7 módulos de distinta duración (entre 2 e 6 semanas): Organización e xestión dunha pequena empresa; animación cultural; animación de lecer e tempo libre; animación e dinámica de grupos; metodoloxía de intervención social; formación e orientación laboral; e desenvolvemento comunitario.

·        Durante o segundo curso os estudiantes teñen que desenvolver un proxecto integrado no que deben aplicar os coñecementos adquiridos nos diversos módulos. A formación complétase coa fase de prácticas en empresas e institucións de Galicia.

·        O título de Técnico Superior en Animación Sociocultural capacita para incorporarse a un sector laboral en rápido desenvolvemento, vinculado tanto ás industrias do ocio (parques temáticos, hoteis e centros vacacionais…) como ó desenvolvemento comunitario no ámbito municipal, centros de terceira idade, centros infantís e xuvenís, etc, e permite tamén acceder a estudios universitario de Maxisterio (todas as especialidades), ás diplomaturas en Biblioteconomía e Documentación; Educación Social; Logopedia; Terapia Ocupacional; e Traballo Social. Tamén se pode acceder ó primeiro ciclo dos estudios universitarios de Pedagoxía, Psicoloxía e Socioloxía.