Ciclo Formativo de Grao Superior de Comercio Internacional
Para acceder a este ciclo os estudiantes precisan ter rematado o COU ou o 2º
curso de Bacharelato-LOXSE en calquera das súas modalidades. As persoas que
carezan das mencionadas titulacións e que teñan máis de 20 anos poden acceder
tamén superando unha proba específica. A duración do ciclo é de
horas
(durante dous cursos académicos) incluíndo 380 de formación en centro de
traballo.
· Contorno funcional: compras,
vendas, almacenaxe, distribución e administración
· Os postos de traballo máis
relevantes ós que se pode acceder co título de Técnico superior en Comercio
Internacional que se obtén tras superar as dúas fases de estudios (teórica e
práctica) son: Técnico en comercio exterior; operacións exteriores;
administración do comercio internacional; compras; vendas; marketing
internacional e almacenaxe de productos.
· As competencias que desenvolven
durante o ciclo distribúense en 12 módulos: Marketing internacional;
almacenaxe de productos; financiamento internacional; informática; inglés;
francés; negociación internacional; xestión do comercio exterior; transporte
internacional; medios de pago; formación e orientación laboral.
· Durante o segundo curso os
estudiantes teñen que desenvolver un proxecto integrado no que deben aplicar os
coñecementos adquiridos nos diversos módulos. A formación complétase coa
fase de prácticas en empresas de Galicia que comercian ou teñen implantación
fóra de España. Para poñer en relación a estes alumnos coas empresas
contamos coa colaboración de diversas entidades e institucións, como a Xunta
de Galicia ou a Cámara de Comercio, industria e navegación de Santiago que
realizan unha importante función intermediación con empresas como Finsa, Televés
Roydisa, Griallibros, Mobalco, etc.
· O título de Técnico en Comercio
Internacional capacita para incorporarse a un sector laboral especialmente dinámico,
relacionado coa expansión da nosa economía fundamentalmente cara ó resto de
Europa e Latinoamérica, pero tamén permite acceder a estudios universitario de
Maxisterio (todas as especialidades), á diplomatura en Ciencias Empresariais,
en Estatística, en Traballo Social ou á Enxeñería técnica en Informática e
Xestión de Sistemas.