Ciclo Superior Xestión Comercial e Marketing

Para matriculárense neste curso os estudiantes deben ter rematados os seus estudios superiores (COU ou o novo Bacharelato LOXSE). As persoas que non teñan esta cualificación que sexan maiores de vinte anos poden tamén ser admitidas pasando un exame específico.

A duración deste curso é de horas incluíndo 440 horas prácticas.

Perfil funcional: compras, vendas , almacenaxe, distribución e administración. Os postos máis relevantes que se poden acadar co título do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing obtido despois de superar as dúas fases (teoría e práctica) son:

Técnico en comercio e marketing: transaccións xerais relacionadas co comercio.

As competencias que se desenvolven durante o curso están distribuídas en módulos: Marketing, Almacenaxe de mercadorías, Financiamento, Informática, Inglés, Dirección de comercio, Formas de pago, Transporte, Formación e Orientación laboral (FOL).

Durante os meses de maio e xuño o alumnado ten que desenvolver un proxecto integrado no que debe poñer en práctica os coñecementos adquiridos nos diferentes módulos.

O curso complétase coa práctica en empresas galegas, que moitas veces teñen empresas homólogas no resto das comunidades españolas.

O título de especialista en Comercio e Marketing permítelles ós estudiantes acceder a un traballo particularmente dinámico relacionado co crecemento da nosa economía e relacionado co resto das comunidades españolas.

Tamén lles permite acceder ós estudios de Maxisterio (en tódalas especialidades), obter un diploma en Económicas, Estatística, Traballo Social, Informática ou Dirección de Sistemas.